Literatura

Jorge Llorca gaña o Premio Risco de Creación Literaria

O xurado estivo composto por Andrea Fernández, María Fernández, Luis Martínez-Risco, Mónica Fernández e Mario González.
photo_camera O xurado estivo composto por Andrea Fernández, María Fernández, Luis Martínez-Risco, Mónica Fernández e Mario González.
Nesta edición presentáronse 20 traballos, onde resultou vencedor Llorca dun premio valorado en 6.000 euros

O traballo do ferrolán Jorge Llorca titulado "O anxo de Durero" foi elexido como gañador da vixésima edición do Premio Risco de Creación Literaria, que convocan o Concello de Ourense e a Fundación Vicente Risco. 

O xurado estivo composto por Mario González, concelleiro de Cultura; Luis Martínez-Risco, en representación da Fundación Vicente Risco; Andrea Fernández, traductora; María Fernández, profesora de lingua e literatura galegas; e Mónica Fernández, técnica do Servizo de Normalización Lingüística do Concello.

Nesta edición presentáronse 20 traballos, onde resultou vencedor Llorca dun premio valorado en 6.000 euros. O xurado destacou a "calidade da linguaxe literaria" da obra do ferrolán, que se suma a lista creada ao longo de 20 anos.

Te puede interesar