A bolboretiña | Mistol ou dominó?

O obxecto da sociolingüística é a interacción entre lingua e sociedade, ou sexa, como se comporta a xente coas linguas, como as valora e estima, cando as fala e cando as cala. E este é un tema clave para nós... Por que os nosos maiores ao chegaren á cidade trataron de educar a descendencia en castelán? Pois por amor. Porque crían que lles facían un favor ao facilitárenlles unha vía de ascenso social. Por iso chegou a existir o que eu denomino, para que me entendan, “efecto mistol”. Vexámolo. Chega unha persoa falando castelán a unha conversa onde outras tres ou catro falan galego. Que pasa? Pois como se fose unha pinga de mistol ou de fairy o castelán esténdese botando ao galego aos lados, e acaban por falalo os catro ou cinco que alí están. Segue pasando isto hoxe? Supoño que en parte si e en parte non.

Pero tamén sucede o contrario, o efecto dominó, a esperanza. Cando un responde en galego a un médico, dependente, camareiro... Que empezou en castelán, moitas veces cambia rápido ao galego e así seguen cos clientes seguintes, que, en calqueira caso, se reafirman no galego, porque escoitaron ao primeiro; este é o efecto dominó. Pasoume un par de veces ultimamente. E si, anímoos non só a que falen senón que se manteñan na fala cando outro lles fale en castelán. Estamos en Galicia. Cun sorriso, por suposto, pero con educación e firmeza. Non hai máis.

Te puede interesar