A fala dos vellos

A bolboretiña do día | Moito menos se

descarga_resultado

Si. O galego ten moitos menos “se” nos verbos có castelán. Vexamos. Caer, morrer, marchar, romper, casar... e varias outras ducias, non o levan. Caeu da escada embaixo. Morreu a semana pasada. Marchou a Vigo. Casará para o verán... En castelán todas, con se: se cayó... se murió... se marchó... se casará... 

Entre nós temos menos verbos pronominais (atreverse, conformarse...) e de aparecer o obxecto da acción, nunca. Ou sexa: “Afeitouse e saiu da casa” si, pero “afeitou a barba”, nunca “afeitouse a barba” porque ela non se afeita a si mesma. Tampouco, claro, nunca “comeuse un bocata” porque o bocata non se come a si mesmo. 

En fin, en caso de dúbida, sácanlle o se e se soa ben a frase é que lle sobraba. “Fíxose boa a nena?” Imprescindible, claro. “Preparouse un bocata para a excursión?”  Non lle cómpre: “preparou un bocata...” chega. Menos é máis, din os publicistas.

Te puede interesar