¡Buone visioni!

Un noir ben confeccionado

Nacido en Chicago, Graham Moore demostrou dende moi novo un amor incondicional polo cine clásico e un talento inusual polas historias de suspense e os quebracabezas. Como escritor, no 2010 publicou o libro supervendas El hombre que mató a Sherlock Holmes. Tamén foi o guionista do filme Descifrando Enigma de Morten Tyldum, unha longametraxe sobre o xenio matemático Alan Turing co que gañou o Óscar polo mellor guión adaptado no 2014.

Neste 2022, chega ás salas a súa ópera prima como director, El sastre de la mafia, filme que se estreou por primeira vez no Festival de Berlín. Leonard, un modista interpretado por un Mark Rylance con apromo inglés, traballa como xastre nun dos barrios conflictivos de Chicago a mediados dos anos cincuenta. Confecciona traxes elegantes para as únicas persoas da zona que poden permitirllos: os gangsters herdeiros da tradición e Al Capone e Nitti que buscan un oco no Outfit da cidade. Unha familia de mafiosos en especial, intenta aproveitarse da natureza xentil e reservada do modista e da súa asistenta (Zoey Deutch) e utilizar a pequena xastrería para intercambiar uns misteriosos sobres confidenciais. A situación empeora no momento que as peticións dos criminais empezan a ser máis graves.

El sastre de la mafia é unha película que recorda ao cine clásico de Hollywood na sua vestimenta máis teatral. Non é filme de acción rueira, con monumentais ambientacións e non avanza ao ritmo das ametralladoras. É un filme máis lento, centrado nunha soa localización, onde as interpretacións e os diálogos marcan o ritmo. El sastre de la mafia lembra máis ao teatro filmado, ao que fixo Alfred Hitchcock en La Soga (1948), que as épicas delictivas de Scarface (1932) de Howard Hawks (1932).

Libre de calquera artificio mainstream, o filme reflicte un gran traballo de guion. Graham Moore manexa con habilidade os fíos do thriller, do “noir” e da suspense. Todos os elementos deste filme están mesturados e medidos de forma cirúrxica. Os personaxes, os decorados e o entorno, xunto coa fotografía de Dick Pope, contribúen a crear unha atmosfera misteriosa, especial. Por suposto, o filme está cheo de xiros inesperados e de falsas pistas, na mellor tradición do whodunit máis logrado. O quebracabezas do espectador está en descubrir non tanto o asasino, máis ben a natureza auténtica de quen está escondido detrás do traxe.

Facendo directa referencia a unha das reflexións finais do protagonista, “a perfección é unha meta necesaria pero inalcanzable”, El sastre de la mafia non é un filme “perfecto”. Pero, despois de velo, hai a certeza que o seu director posúe o oficio e as ferramentas para confeccionar algo máis grande no futuro.

Te puede interesar