Ilustración

María Villarino: “Non teño un estilo definido, gústame probar, investigar"

María Villarino
photo_camera La ilustradora María Villarino.
La ourensana é a gañadora do XVI Pura e Dora Vázquez de Ilustración

Despois de gañar o Pura e Dora Vázquez de Ilustración o ano pasado, María Villarino (Ourense, 1975) decidiu participar na convocatoria do 2019 cun estilo "completamente distinto". E volveu a gañar. "Non mo esperaba, sabía que alguén xa gañara dúas veces o premio, pero non en anos seguidos...", conta. A súa creación, realizada a partir da obra "Os outros oficios" de Rafa Vilar –premio Pura e Dora Vázquez de narración deste ano–, conquistou ao xurado por imaxinativo e por invitar á reflexión. 

Que lle inspirou “Os outros oficios"?

Son contos moi imaxinativos, motivadores, creativos... Procurei recrear esa atmósfera. Traballei con lápices de cores, con composicións máis complicadas que o ano pasado, moitas luces e sombras. 

Cambiou o seu estilo?

É que non teño un estilo definido, gústame manexar técnicas distintas, investigar outras metodoloxías.

Faise difícil crear a partir das ideas doutros?

É unha dificultade adaptarte a algo que non é teu, pero tamén é un reto. Ao final ilustrar non é como pintar, ilustrar parte dunha idea, e cando non é túa é un reto, unha postibilidade.  

E sacar tempo?

Cadaquen ten a súa afición, claro que lle adicas horas pero desfrutas con iso. A miña profesión permíteme ter vacacións e tempo libre.

Te puede interesar