ARTE ET ALIA

Nos arredores de Buciños

o_artista_na_inauguracion
photo_camera O artista, na inauguración.

Eis un gozo para a vista e os sentidos ver as obras da rexesta artística persoal que presenta Manolo de Buciños, desde comezos de marzo no Centro Marcos Valcárcel. Son pezas que o artista foi gardando dende os anos setenta, e que comparten o seu territorio máis persoal, o da súa casa e xardín. Baseándose nestes espazos, recreados na exposición, caso do seu taller en grandes fotos, a comisaria Cuqui Piñeiro dispuxo dous recunchos nunha montaxe nas salas que combina elegancia e espectáculo, ao que se engadirá un libro numerado, deseño Pepe Barro, coa munificencia da Deputación ourensá e a Xunta. Detrás de todo está a Fundación Xoán Piñeiro, de Tomiño (Pontevedra), que comeza así o seu proxecto con «DI>RIO DE >RTIS>. BUCIÑOS», artista que é patrón daquela. Ás obras,  engádense en foto obras públicas, que testemuñan traxectoria plástica e vida, pois nela inclúense representada da súa muller embarazada. Elas falan a súa voz, a dun estilo persoal, que cidadanía e crítica tivemos ocasión de contemplar neste lugar o outono de 2009. É a súa unha escultura do cotiá, dos afectos e apertas, dun a_rianxeira_abrigada_a_comezo_de_anoartista dedicado a ela como actividade creativa central, con fundición propia. É a súa unha linguaxe coa que loa a lixeireza dende a permanente alternancia do estático e o dinámico, nun lixeiro pé. Manolo sabe captar como poucos escultores a esencia do movemento. Así o amosan as figuras que entran/saen da auga, a nai espida coa súa nena, a que sentada levanta a filliña sobre a cabeza, ou o relevo dos pais sentados no chan que xogan coas fillas e unhas cintas, que transmiten a acción dun fluír, e tamén de harmonía. Esta é a peza escollida como cabeceira desta nova retrospectiva. Moitas son evocadoras de sentimentos de tenrura, xurdindo outras daquel afán de oficio do pai e o avó Francisco, ebanistas regresados de Cuba, como o pé da mesa de cristal coas dúas nenas, unha alfaia do seu ser práctico, ou a escultura-farol, o que ven a ser como unha pluma de alto standing nas mans. O estático doutras, máis escaso, ben apenas pola acción de poñer a palma da man na base do asento, un xesto moi seu, que o asenta na terra, natureza, vida, que ama.

Carreira

Dende Buciños (Carballedo, no sur leste de Lugo), chega con dez anos a Ourense, e agás o tempo da estadía en Madrid, viviu sempre acó, entre nós, casando e formando familia, morando nas torres do Alés no Pino, e logo nunha casa-taller próxima, tranquilo, rodeado de aire, sol, terra e vexetación. Dende as primeiras en madeira ás de pedra, material que amou e traballou moito, abandonándoo cando achou nos moldes de cera e os misterios da fundición o que buscaba, conseguindo acadar cas láminas e a gramática dos ocos, a expresión precisa do seu corazón e sentimento ca máxima economía de medios. Xuntou pedra e bronce, sen mesturalas, dándolles voz propia, “que se leven ben unha con outra”, nun xogo conceptual. Co bronce os efectos son pictóricos, como lle amosara o tomiñés, e gran amigo, Xavier Pousa. Parabéns!

*A Rianxeira, abrigada a comezo de ano (Xabier  Limia de Gardón)

Te puede interesar