Día das Letras Galegas

A obra de Florencio Delgado Gurriarán

Un repaso pola súa obra poética onde revela a súa sensualidade e o seu compromiso político

Bebedeira

En 1934, Florencio Delgado Gurriarán publicou, na Editorial Nós, Bebedeira, trinta e dous poemas, dos que algúns deles xa viran a luz en revistas e xornais, onde as árbores, as plantas e a paisaxe adquiren características de personaxe central.

Cancioneiro da loita galega

En 1943, xa no seu exilio mexicano a través da revista Saudade, e como iniciativa do Partido Galeguista, sacan á luz esta antoloxía de poemas coa que querían homenaxear aos compañeiros caídos na Guerra Civil.

Poesía inglesa e francesa

Publicada por primeira vez en Bos Aires no ano 1949, esta escolma de poesía inglesa e francesa vertida ao galego por Plácido Castro, Lois Tobío e Florencio Delgado Gurriarán é hoxe un fito na historia da tradución do noso país.

Galicia infinda

En 1963, unha colleita de poemas onde as tres primeira partes recordan o estilo animista de “Bebedeira. Mais a novidade chega nas dúas últimas partes, onde inclúe algunhas mostras de poesía civil de temática galega e, sobre todo, ”Poemas mexicanos”.

Cantarenas

En 1981 sae “Cantarenas”, unha edición composta de tres obras, “Bebedeira”, “Valdeorresas” e “Dionisias” e por primeira vez aparece un texto en prosa un artigo centrado ós viños de Valdeorras. Unha fermosa composición de homenaxe e honra á Valdeorras.

O soño do Guieiro

En 1986, Florencio Delgado Gurrriarán recolle en “O soño do Guieiro”, como homenaxe ao seu amigo e compañeiro político, Castelao, poemas de corte social e reivindicativo publicados durante a República, a guerra e o exilio.

Te puede interesar