Obras de Soriga, Barbery, Pamuk e Lessing, traducidas ao galego para unha colección de Galaxia e Cultura de Santiago

Obras dos autores Flavio Soriga, Muriel Barbery, Orhan Pamuk e Doris Lessing poderán lerse traducidas ao galego grazas á colección Biblioteca Compostela de Narrativa Europea, que edita Galaxia e promove a Concellaría de Cultura de Santiago.
Así, o martes está previsto que se presenten os catro novos títulos da colección, nun acto que terá lugar no Concello de Santiago e no que participarán a concelleiro de Cultura, Socorro García, o director xeral de Galaxia, Víctor F. Freixanes, e o director de edicións, Carlos Lema.

Nesta ocasión os títulos que se incorporan ao fondo da colección son 'Sardinia Blues', de Flavio Soriga; 'A elegancia do ourizo’, de Muriel Barbery; 'Istambul', de Orhan Pamuk; e 'O Caderno Dourado, de Doris Lessing. Así son xa catorce as obras literarias traducidas ao amparo desta colección.

A pretensión da Concellaría de Cultura de Santiago e da Editorial Galaxia a través do proxecto editorial Biblioteca Compostela de Narrativa Europea é facilitar aos lectores galegos a posibilidade de ler as novidades e o mellor da narrativa contemporánea na lingua propia de Galicia.

Te puede interesar