Bolboretiña do día | Orientar a lingua

Nós tendemos a levar o minfundio na alma e a parroquia na cabeza. Por iso non se nos dan ben as tarefas colectivas . Porque hai que responsabilizarse cada un do seu e poñerse de acordo cos demais. E cada un de nós, un rei. Cantas veces non oiríamos “O meu galego é o da aldea, o de sempre, e non ese normativo da Academia”? Temos prevención por se alguén manda no “noso” galego. 

Pero igual que se restaura un retablo dunha igrexa, ou se repara un coche, pois tamén unha lingua que se ten que adaptar a tempos novos, precisa primeiro do mimo e coidado dos especialistas, e despois de que lles fagamos caso. Aínda así, facémoslle moito máis do que pensamos. Rosalía de Castro escribiu “Cantares Gallegos” e nós todos xa sabemos que é mellor dicir “Galegos”. Deica pouco vai empezar a primeira avaliación -ogallá- nos centros de ensino... Ensino, avaliación... palabras de agradecer aos técnicos que as recuperaron e nolas ofreceron de novo. Graciñas, pois.

Te puede interesar