A fala dos vellos

A bolboretiña do día: os abertos e pechados

wordcloud (1)

Vde. pronuncia ben as sete vogais do galego. Por iso cando fala en castelán, axiña saben todos de onde é. Faga unha proba. Pronuncie “horta” ou “porta” e logo compare eses os cos de “fideo” ou “museo”. Non podería nin pensar en dicir “na hurta -ou na purta- da casa”, pero “fideu” ou “museu” non lle encarrapicharían as orellas. Ou diga “ovo” e verá como no primeiro abre moito máis a boca ca no segundo.

O mesmo pasa co E. Diga Ourense e vexa como o primeiro é máis aberto có segundo. Ou compare os os de Corme e Coruña. Ben sabe que pode dicir “Curuña” e chegar a alcalde, pero se di Curme, tómano por tolo. Os os pechados están próximos ao U e os abertos non. Procure facelo ben, pero a fonética galega domina.

Te puede interesar