Ourense e a revista “Nós"

OURENSE (CENTRO CULTURAL MARCOS VALCÁRCEL). 30/10/2020. OURENSE. Inauguración da exposición de cubos "Nós". FOTO: ÓSCAR PINAL
photo_camera OURENSE (CENTRO CULTURAL MARCOS VALCÁRCEL). 30/10/2020. OURENSE. Inauguración da exposición de cubos "Nós". FOTO: ÓSCAR PINAL
O Liceo acolle esta tarde unha conferencia impartida polo académico Afonso Vázquez-Monxardín na que abordará a importancia da Revista Nós para Ourense.

Ourense segue rememorando o legado cultural da Xeración Nós cando se cumpren cen anos da publicación do primeiro número da Revista Nós. Esta tarde o Liceo de Ourense acolle a conferencia do profesor Afonso Vázquez-Monxardín. Baixo o título "A revista Nós e Ourense", o académico correspondente da Real Academia Galega compartirá cos asistentes unha sesión na que reflexionará sobre a importancia da publicación para a nosa cidade.

Unha actividade enmarcada nos actos do centenario da revista e coa que o Liceo quere homenaxear aos intelectuais do Grupo Nós, moitos deles socios e habituais do Liceo.
Por motivos sanitarios, o aforo será limitado, polo que os asistentes terán que reservar previamente a súa entrada na secretaria do Liceo.

Exposición


Esta non é a única actividade conmemorativa con motivo do centenario da revista. A exposición "Nós naceu en Ourense hai cen anos", organizada polo diario La Región, está recorrendo as vilas da provincia para levar a historia da Nós entre todos os ourensáns. Celebrarse no Liceo as 20:00.

Te puede interesar