ENTREVISTA

Ramón Yzquierdo: "Foi capaz de xerar unha linguaxe propia no oficio"

Ramón Yzquierdo é comisario da exposición "Domingo de Andrade: Xenio e oficio", que se exhibe ata o 11 de outubro na rúa do Paseo, fronte á Sala Valente

Ramón Yzquierdo Perrín  (Santiago de Compostela, 1948) é comisario da exposición que se exhibe ata o 11 de outubro na rúa do Paseo, fronte á Sala Valente. Está composta  por 24 paneis,divididos en oito prismas, que amosan a través de fotos, planos e textos, a pegada de Domingo de Andrade en  construcións emblemáticas.

Ourense. 14/09/2020. Inauguración de la exposición sobre Domingo de Andrade en el Paseo, organizada por el Colexio de Arquitectos.En la foto Ramón Yzquierdo.
Foto: Xesús Fariñas

Que obras representativas deixou Andrade na provincia?

As máis representativas eran o tabernáculo do mosteiro de Oseira e o da capela do Santo Cristo da Catedral de San Martiño. Son as únicas que fixo en terras ourensanas. Pero son obras importantes dentro da traxectoria de Andrade.

Como experto, que importancia ten Domingo de Andrade na historia galega?

A importancia é que el aprende de artistas foráneos, especialmente salmantinos que traballaban en Santiago. E, sen embargo, foi capaz de xerar unha linguaxe nova, propia. Foi capaz de facer avanzar a arquitectura. Danse casos curiosos. Por exemplo, Ao arquitecto José Benito de Churriguera sempre se lle adxudican a creación dos altares barrocos, con columnas salomónica. E o que Churriguera fixo no retablo de San Estevo de Salamanca xa o tiña feito aquí Andrade antes. O que pasa é que é menos coñecido. As dificultades de conexión e de intercambio que pode haber hoxe, xa as había no século XVII. 

Queda por descubrir de Andrade ou está todo escrito?

A documentación está estudada, as obras non tanto. 

Te puede interesar