Cultura

José Luis Fornelo: “O romanceiro chegou ata os nosos días da man das clases populares"

Fornelo presenta o próximo 10 de decembro en Ourense o libro "Romanceiro tradicional", no que recolle gravacións recollidas nos anos 70 e 80

José Luis Fornelo (Madrid, 1962) é actualmente profesor titular de Lingua Portuguesa na Universidade de Santiago de Compostela, e participa no proxecto "É-brindo É-romance" de ACentral Folque. No seu caso, na elaboración do libro "Romanceiro tradicional", que presentará no Marcos Valcárcel da cidade o próximo 10 de decembro. 

Na obra, Fornelo destaca a importancia das clases populares na conservación deste patrimonio inmaterial, e amosa as gravacións recollidas nos anos 70 e 80 polo Seminario Ramón Menéndez Pidal, do que formou parte. "No mundo académico hai un esquecemento total; o romanceiro estúdase na literatura española da Idade Media ou Siglos de Oro, porque era cando estaba en todas as clases sociais, pero logo mantívose, o que pasa que só nas clases máis baixas". Aínda que non se sabe a data exacta da chegada do romance a Galicia –"Podería ser no século XV"–, a súa pegada conservouse na intimidade, sobre todo gracias ás mulleres, ata os nosos días. "Cústanos pensar que antes non se transmitían textos, senon a voz", sinala.

Te puede interesar