Cultura

Sobre a palabra "enxebre"

Cultura

Bolboretiña

Sobre a palabra "enxebre"

Falabamos días atrás da evolución propia da lingua. De como avanza o “ti” fronte ao “tu” e cousas semellantes. Tócalle agora á evolución do significado.

Sabemos que a lingua é a que fala a xente cos adobíos dos escritores. E, moitas veces, dos escritores volve á xente. Unha delas é “enxebre”. Cando a recolle o Padre Sarmiento, no século XVII, significa simple, sen gracia. Así, dicíase “un caldo enxebre” para dicir que era insípido, sen carne nin óso. E se un “andaba enxebre” é que aínda non almorzara. E se delincuente acababa “enxebre” era que quedara sen castigo nin adobío.

E deste significado esvaído de “simple” pasou a auténtico. Seguramente o verbo xebrar ten que ver coa forma latina que dá “separar”. E de separado, destacado, e de destacado, propio, etc. Así a palabra “enxebre” co valor de propio da terra, de plus de autenticidade non é tan tradicional como pensamos. Non a usa nunca Rosalía e as dúas veces que a usa Curros ou as dúas de Pondal, paréceme que ten que ver máis con simple que con étnico e puro. Que no fondo, vén ser parecido. Creo.