CULTURA

Talento musical sobre o escenario do Conservatorio

photo_camera Marta Cid, unha das intérpretes.
O "II Concurso de Interpretación Mestre Vide" reúne a participantes de diferentes idades

Xornada de sábado musical en Ourense. Turno para o "II Concurso de interpretación Mestre Vide" en homenaxe ó compositor ourensán José Fernández Vide. A cita ten lugar no Auditorio do Conservatorio Profesional de Música de Ourense, en horario de mañá e de tarde.

O xurado está formado por Fernando Buide del Real, compositor de recoñecido prestixio e profesor de Composición do CMUS de Santiago de Compostela; José María González, catedrático de Música no IES Otero Pedrayo ata a súa xubilación; Javier Luis Jurado, catedrático de Musicoloxía do CMUS Superior de Vigo, e Manuel Martínez, director da Orquestra Clásica de Vigo e catedrático de Violín do CMUS Superior de Vigo

Te puede interesar