Literatura

Os versos dende a trincheira de Celso Emilio

Celso Emilio, á dereita, na fronte en Asturias.
photo_camera Celso Emilio, á dereita, na fronte en Asturias.
O fillo do escritor celanovés recupera medio cento de poemas escritos dende a fronte. Soidade, desolación e sentimento de contradición de quen está no bando que non quere conflúen en "Birimbao. Poemas de mí para ti"

Saen á luz os poemas que Celso Emilio Ferreiro Míguez (Celanova, 6 de enero 1912 - Vigo, 1979) escribiu durante a Guerra Civil. O sentimiento de contradición de quen está enviado á fronte franquista para salvar a vida ou as mulleres anteriores ao seu amor Moraima–que coñeceu en 1938 en Oviedo – mergullan ao lector en "Birimbao. Poemas de mí para ti 1937-1939" (editorial Xerais). 

Xavier Ferreiro Loredo, fillo do escritor e presidente da Fundación Celso Emilio Ferreiro, recuperou este medio cento de poemas inéditos, escritos en castelán, na época na que o seu pai foi enviado cos mozos da súa quinta ás filas, en Asturias.

Un Periplo desde Córdoba

"Este material recibiuno miña nai nos anos oitenta. Provén do fondo da profesora Maribel Rodríguez, en Córdoba. Era propiedade do seu pai, que foi amigo de Celso Emilio na mocidade. Durante moitos anos, meu pai mandáballe orixinais seus. Este home foi reunindo unha pequena colección que lle regalou á súa filla cando casou", explica Xavier Ferreiro. 

A través de Xesús Alonso Montero, unhas fotocopias dos orixinais chegaron á muller de Celso Emilio, María Luisa Moraima Loredo. "Nunha mudanza, a profesora de Córdoba perdeu os orixinais. Quedan as fotocopias que gardou a miña familia e que se recuperan neste libro".

birimbao_resultado

Tres partes

"Birimbao. Poemas de mí para ti 1937-1939"  organízase en tres partes: "Poesía de parapeto", "Birimbao: poemas de mí para ti" e "Memorias de mis caminos". "A primeira é sobre a guerra, a segunda das mulleres que coñeceu antes que a miña nai e a terceira de temáticas máis xerais. Todo está escrito en castelán, el está na fronte en Asturias e escribir naquela época en galego…".

Cartas, debuxos e un conto

"O drama de meu pai foi que tivo que ir a defender a un bando co cal non estaba dacordo, escapando dunha posible condea a morte. Era unha contradición para el. Iso vese reflexado nestes poemas. Tamén fala da vida na fronte, vendo morrer a compañeiros e camaradas. Imaxino que aquilo tivo que producirlle un estado anímico desgarrador. Unha parte dos poemas son de desolación e soidade".

Cartas, máscaras, debuxos e un conto da época en castelán, ademais de material en prosa, completan esta publicación inédita que ve a luz 40 anos despois do falecemento do escritor celanovés.

Te puede interesar