Entrevista

Vicente Araguas: “Este libro levaba dentro de min moitos anos"

Ourense. 01/04/2019. Foro La Región con Vicente Araguas y Miro Casabella en el Centro Cultural Marcos Valcárcel.
En la foto Miro Casabella y Vicente Araguas.
Foto: Xesús Fariñas
photo_camera O escritor Vicente Araguas, nun Foro La Región. (Foto: Xesús Fariñas)
O coruñés presenta "Través do Trebón", a súa última obra

1936 é unha data grabada a lume na conciencia da sociedade española e galega. Nese verán, nos días estivais onde a Guerra Civil estalou para iniciar un conflicto que se prolongaría tres anos centra a súa última obra o escritor Vicente Araguas (Xuvia-Neda), "Través do Trebón", editada por Belagua.

A vida cotiá dentro do gran drama que asomaba. O día a día nunha cidade especialmente sensible pola súa condición militar, naval e funcionarial. Porque Asteleiro (nome baixo o que moitos recoñecerán Ferrol) xoga un papel fundamental nunha historia contada a través dos ollos do xoven Vitolo, que vive en paralelo á parella formada por Lucila e o tenente de navío Marcelo Glaría.

Como bota a vista atrás e chega esta historia e esta obra á súa cabeza?

É un libro de encargo, pero levaba dentro de min moitos anos. Esta historia vén conmigo dende sempre. Primeiro, porque coñecín e moi ben ao protagonista. É un rapaz de 16 anos que conta todo o que ve á maneira galdosiana. Vemos a historia a través dos seus ollos, o que acontece en Asteleireo entre o 17 de xullo e o 25 de agosto do 36. Unha cidade que ten asteleiro, ten flota... A historia  é o que foi, non o que poido ser. Isto está claro. A podes reinterpretar, pero nunca rescribir.

A obra ten dúas partes ben diferenciadas, tanto por contenido como por estilo

Hay dúas partes. O capítulo 10 vai todo seguido, sen puntuación. É o que se chama autoreflexivo, téctica moi utilizada por Juan Goytisolo, do que aprendín. É o propio persoaxe o que se dirixe a él mesmo. A primeira parte é unha reconstrucción de esta cidade do 17 ao 25, que é cando os sublevados rematan impoñéndose. Conta a historia de Vitolo, que primeiro ingresa en Artillería e logo na Armada, no bando dos sublevados. Pero paralelamente se conta a historia político-sentimental de Lucila e Marcelo Glaría. Este é chamado ao seu barco cando empezan os movementos.

O rapaz é o noso guía a través das páxinas, pero non está solo nesa tarefa.

Vemos a situación que existe na cidade a través dos ollos de Vitolo, o que ve e o que lle contan, e seguimos as evolucións desta parella nese clima de guerra. Vamos vendo o calvario de Marcelo, que foi fiel á República, e tamén a reacción da súa muller.

“Través do Trebón", como título, xoga o seu papel e case lévanos a Hollywood.

O título ten historia. O domingo 19 de xullo están proxectando no cinema de Asteleiro unha película que se chama "A través de la tempestad". No exterior as espadas están en todo o alto. As noticias de África xa están chegando e iso nótase no ambiente. É unha película con Henry Fonda de protagonista, hoxe totalmente esquecida. Vitolo fai ver esa película, Lucila tamén acude acompañada dunha amiga... Conflúen moitas cosas nese entorno.

Cal foi o seu obxectivo cando púxose a escribir este libro.

O que pretendín con esta obra foi recrear un momento histórico, para min de suma importancia dende que escoitei de cativo moitas cousas ao respecto. Coñecín a moitos persoaxes dos que aparecen, a algúns moi próximamente. E por outro lado quixen reivindicar a figura do tenente de navío Luis Sánchez Pinzón, un home de esquerdas que logo non foi reivindicado por nadie, nin por un bando nin por outro. Quedou en terra de ninguén, o peor que pode pasar nunha guerra civil. Pero foi un home fiel aos seus principios.

Te puede interesar