XIMNASIA RÍTMICA

As ximnastas ourensanas despiden unha fructífera tempada

FOTOGRAFÍA DOS CATRO CONXUNTOS- PORTADA DO NOSO FACEBOOK_result
photo_camera Os catro conxuntos das ximnastas ourensanas.

O conxunto benxamín do Escola Pavillón (Candela, Mariña, Noa, María, Claudia, Paula e Laura) cumpliu no seu primeiro nacional absoluto cun exercicio con moita forza e escasos erros

O campionato de conxuntos nivel absoluta da por finalizada a tempada de ximnasia rítmica.  Ao longo da fin de semana tivo lugar en Valladolid no Polideportivo Pisuerga o último campionato da tempada para as pavillonistas, tras unha tempada moi fructífera e onde as ourensáns mostraron unha importante evolución medíndose cos mellores conxuntos nacionais.

Os primeiros en competir na xornada do día 1 foron os conxuntos infantil e junior do Club Ximnasia Pavillón. O conxunto infantil (Sara, Claudia, Candela Perez, Candela Díaz, Julia e Uxia) realizou dous pases moi correctos e foi moi regular na competición acadando o posto 28 da clasificación xeral, dos 49 conxuntos participantes nesta categoría, a máis forte do campionato.

O conxunto junior (Sabela, María, Rebeca, Sara, Paula e Lucía) viu a cara e a cruz da competición realizando un primeiro pase con moitos erros finalizado o cal se situaron no posto 28. O segundo pase, na xornada do venres foi un dos mellores da tempada, obtendo nesta segunda xornada o posto 14 entre os 43 conxuntos de categoría junior. Finalmente ocuparon o posto 20 na clasificación xeral, tras as suma das dúas rotacións.

O conxunto senior (Ana, Maria, Antía, Lorena, Candela, Uxía e Paula) tras unha primeira rotación con bastante corrección, non foi acompañado da sorte na segunda e tiveron moitos erros, incluso saída de tapiz, que mermaron moito a súa nota. Finalizaron 41 da clasificación.

O conxunto benxamín do Escola Pavillón (Candela, Mariña, Noa, María, Claudia, Paula e Laura) cumpliu no seu primeiro nacional absoluto. Estreáronse o sábado preto das 21,00 horas, con unha grada a rebosar, alternando coa primeira categoría, que estaba levantando o fervor do público, e competindo entre os oito mellores conxuntos nacionais. Isto non impediu que realizaran o seu exercicio con moita forza e escasos erros. Remataron séptimas na primeira rotación e subiron un posto tras a segunda, sendo finalmente sextas con unha excelente puntuación final de 22,150 (11,150 do primeiro día e 11,00 do segundo día) que as sitúa no nivel da competición nacional de nivel absoluto.

O equipo técnico de competición nacional, tanto de nivel base como absoluta (Natalia Gómez, Alba Estévez, Raquel Dafonnte, Yaiza Rodríguez e Irina Iembergenova) está xa moi ilusionado, tras esta tempada, pensando no inicio da seguinte e con moitas ideas cara a preparación dos seus equipos e creación dos novos exercicios.

Te puede interesar
Más en Deporte local