CARREIRA DE MONTAñA

A Chandrexa Trail: unha esixente carreira polo macizo central ourensán

Ourense, 8-06-2016. Presentación do Chandrexa Trail, Bernardino González, Rosendo FErnández, Paco Rodríguez, Diego Martín. Paz
photo_camera Bernardino González, Paco Rodríguez, Rosendo Fernández e Diego Martín, na rolda de prensa de presentación. (JOSÉ PAZ)

A sexta edición da proba celebraráse o 19 de xuño con tres recorridos distintos -un trail de 33 quilómetros, un mini-trail de 20 quilómetros e unha andaina de 20 quilómetros-

A sexta edición de “Chandrexa Trail” celebrarase o día 19 de xuño en Chandrexa de Queixa, sendo a segunda proba da Copa Galega de carreiras por montaña. A presentación deste evento deportivo tivo lugar esta mañá no Pazo provincial, acto no que participou o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o asesor de Deportes da Deputación, Bernardino González; o alcalde do Concello de Chandrexa de Queixa, Francisco Rodríguez; e o director da carreira, Diego Martínez.

Rosendo Fernández destacou que a Deputación de Ourense “sempre está ao carón das iniciativas que parten dos colectivos sociais, e neste caso, cos eventos deportivos porque van asociados á saúde”. A sexta edición desta proba deportiva “alberga multitude de xente tanto da zona como de outros puntos da xeografía galega e incluso española”, asegurou o vicepresidente da Deputación de Ourense.

Francisco Rodríguez sinalou que “esta proba discorre por unha zona con paisaxes extraordinarios, cun trazado de fortes pendentes”, e lembrou o éxito que acadou en edicións anteriores con asistentes de Andalucía, Cataluña e distintos lugares de España.

“Chandrexa Trail” atópase dentro do calendario da Federación Galega de Montañismo, e presenta tres probas distintas: un trail de 33 quilómetros (puntuable para a Copa Galega), un mini-trail de 20 quilómetros e unha andaina de 20 quilómetros. As categorías do trail e do mini-trail son absoluta masculino e feminino, veterano masculino de 45 en diante, e veterana feminina de 40 en adiante, e entregarase un trofeo aos tres primeiros de cada categoría tanto no trail coma no mini-trail.

“Toda a carreira vai pola macizo central ourensán sendo unha proba dunha importante esixencia física, polo que hai tres anos puxemos a posibilidade de dispór dun percorrido máis curto”, dixo o director da carreira.

En canto aos participantes “temos máis de 200 inscritos de toda Galicia e tamén de Valencia, Madrid e Andalucía, pero ao longo destes días esperamos chegar aos 300 como na edición pasada”, asegurou Diego Martínez. Os interesados en participar poderán facelo a través das web www.chandrexatrail.com ou en www.championchipnorte.com, e presencialmente en “Agromacen”, en Trives, ou en “Runmaniak”, en Ourense, estando aberto o prazo ata o 16 de xuño.

Te puede interesar