Carreira popular

Correndo por Ourense regresa este domingo

O circuíto será pola zona da Universidade e adiántase a súa saída ás 11,00 horas, para evitar que a carreira se realice nas horas de máis calor do día

Correndo por Ourense, a proba deportiva organizada polo Consello Municipal de Deportes, regresa este domingo tras o parón estival cun circuíto pola zona da Universidade e adiantando a súa saída ás 11,00 horas, para que os corredores non teñan que sufrir as altas temperaturas do mediodía.

O cambio de horario produciuse en resposta ás suxestións aportadas polos atletas ante a posibilidade de que puideran producirse altas temperaturas e para evitar que estas poidan afectar aos participantes, especialmente á cativada e as persoas de maior idade.

Por este motivo, nesta ocasión  a proba comezará unha hora antes do habitual, a partires das 11,00 horas coa carreira da categoría de Pitufos, para nenos e nenas nacidos dende o ano 2011, que percorrerán unha distancia de cen metros.

Cinco minutos máis tarde sairán os corredores das categorías Benxamín Sub10 (nacidos nos anos 2009 e 2010) e Alevín Sub12 (2007/2008), que correrán por un circuíto de 1.000 metros.


Ás 11:15 horas será a quenda das categorías Infantil Sub14 ((2005/2006) e Cadete Sub 18 ((2003/2004), que farán un percorrido de 3.200 metros


Ás 11:30 horas sairán o resto das persoas inscritas. Na categoría Xuvenil Sub18 (2001/2002) terán que cubrir unha distancia  de 6.400 metros. O resto de categorías (Júnior, Promesa, Sénior e Máster) percorrerán dúas veces o circuíto que atravesa diferentes rúas na zona Universitaria.

Tras a proba pola zona universitaria, as dúas últimas probas do Circuíto de Carreiras Populares Correndo por Ourense serán no barrio de A Ponte, o 30 de setembro e na Carballeira, o 21 de outubro.

 

Te puede interesar