Director xerente do Centro Ecuestre de Ourense

Gumersindo González González: ‘En cada xornada logramos ter a todo o mundo pendente de nós’

Sindo González, xerente do Centro Ecuestre de Ourense.
Hai só un lustro moi poucas personas na provincia se podían imaxinar a repercusión que chegarían a alcanzar as carreiras de cabalos no hipódromo da Lagoa de Antela, en Sandiás. Unha destas persoas é Gumersindo González, director xerente do Centro Ecuestre da Deputación Provincial de Ourense, e o auténtico ‘alma mater’ de que que o proxecto iniciado hai oito anos non soamente sexa viable, senón que ademáis se esté a converter nunha referencia a nivel nacional.
Nacido hai medio século, Sindo González leva dende o ano 1984 metido de cheo no mundo do cabalo. Veterinario de profesión, no ano 2.001 fíxose cargo da xerencia do Centro Ecuestre cun proxecto en cernes que na actualidade está totalmente consolidado: ‘Puxemos en marcha un hipódromo e con el a disciplina ecuestre que levanta máis espectativa, o turf, pero ademáis existen outras disciplinas que teñen tirón, como a doma ou o raid, sen esquecer a posta en marcha dunha escola que ó contrario do que pensaba algunha xente aumentou o número de licenzas nos clubes Un dos obxectivos é que cada vez teñan máis peso específico os afeccioados e os clubes privados da provincia, a nosa filosofía é irlle deixando o protagonismo nós poríamos a infraestructura e as instalacións e eles serían os encargados de organizar os eventos’, señala Sindo González.

Co desenvolvemento da xornada do 12 de outubro, a tempada 2009 de turf alcanzou a súa finalización, cun éxito sen precedentes en tódolos ámbitos, tanto no participativo, como no competitivo e tamén no económico.

¿Cómo resultou a recén rematada tempada de carreiras hípicas en Antela?


Estou moi satisfeito, tanto con esta última xornada como co resto da tempada, posto que houbo unha importantísima participación, tanto de público como de cabalos e cuadras. Creo que Antela se está consolidando definitivamente no circuito nacional de carreiras, pois en cada xornada logramos ter a todo o mundo pendentes de nós.

Cando se puxo en marcha todo esto, hai catro anos, ¿imaxinábase vostede que as carreiras no hipódromo limiano alcanzarían esta repercusión?

Sempre crin nesto, obviamente non tiña a seguridade plena do éxito pero sempre crin nas posibilidades de Ourense na cría de cabalos, e confiaba nesas posibilidades a pesar de que non había tradición hípica algunha, pero demostramos que era posible, demostramos que con boa vontade este equipo humano, que comezou sen ter case idea das carreiras, está sacando as cousas adiante, é para estar orgullosos.

¿Cómo xurdíu a idea deste proxecto?


Cando a Deputación me contratou, en xullo do 2.001, había unha idea vaga do que se quería facer, e pouco a pouco foise transformando ata o que é hoxe en día. En 2.003 acometéronse as primeiras obras e en 2.005 chegaron as primeiras carreiras.

¿Cómo se imaxina o futuro?


Creo que bo, cando foi posible asentar todo esto partindo de cero máis doado será agora que xa temos unha base, e sobre todo cando se está a obter rendabilidade do diñeiro investido. As carreiras atraen a xente de fóra, xeneran actividade económica, é máis, non creo que haxa ningún outro deporte en Ourense que xenere o que logran as carreiras en Antela.

¿Haberá moitas novidades a vindeira tempada?


En 2.005 desenvolvéronse as primeiras carreiras oficiais, pero foron dúas xornadas moi modestas (premios ó redor de 1.000 euros para os vencedores) e se queres que acudan os propietarios máis destacados hai que ter premios importantes. A verdade é que os que veñen por vez primeira repiten, polo que indica que o esforzo que se está a facer é importante. O que ven non será un ano para aumentar o investimento, confórmome con repetir o acadado este ano.

Seguro que hai proxectos en marcha.


Gustaríame asentar a base de adestramento de cabalos en Antela. Se o logramos, habería máis cuadras galegas e sería doado conseguir máis xornadas de carreiras, o problema está en lograr os profesionais adecuados.

Pero Antela non só son as carreiras de cabalos.


O último fin de semana houbo o Campionato galego de doma e o ano que ven temos comprometido o Campionato de España. Tamén hai raid, e unha escola en Vilamarín que está funcionando de cine, con 200 licenzas. Antela é moito máis que as carreiras, por suposto.



Te puede interesar