Entrevista

Marta Míguez: "O deporte é unha oportunidade máis cara a igualdade"

Marta Míguez, el viernes en las pistas exteriores del Pavillón dos Remedios de Ourense.
photo_camera Marta Míguez, nas pistas exteriores do Pavillón dos Remedios de Ourense. (Foto: Xesús Fariñas)

Atleta olímpica en Sídney 2000 e actual coordinadora do Consello Municipal de Deportes de Ourense

Utilizar o deporte como vehículo para conquistar a igualdad entre sexos. É o ideal para Marta Míguez, atleta olímpica en Sidney 2000, exsecretaria para o Deporte da Xunta, actual coordinadora do Consello Municipal de Deportes de Ourense e unha voz máis que autorizada para falar de deporte feminino.

Para unha moza de Cortegada, ¿cómo era facer deporte alá polos 80 e 90 do pasado século?

A verdade é que nunca me sentín discriminada nin un bicho raro. É certo que se oía algún comentario cando adestraba na aldea, porque a xente non estaba afeita a aquelo, pero aínda hoxe tampouco o está a pesares de que a xente colle a máscara e a caxata e sae a camiñar. Neste sentido, no rural a xente vai collendo outros costumes. De tódolos xeitos, os comentarios que había tampouco tiñan por que afectar, ou polo menos a min non me afectaron, certo é que eu compartía o deporte coa miña irmá e o feito de sentirnos arroupadas podía axudar. Se escoitabamos algo, botabamos unhas risas e nada máis. Nunca me sentín mal polo xeito de ser unha rapaza facendo deporte.

Deporte feminino, naqueles tempos e no rural. Non debería ser doado, sobre todo por oferta.

No rural non había posibilidade, ou moi pouca. Para xogar ao balonmán tiña que estar no cole, se os meus pais me tiveran que transportar para adestrar ou xogar directamente non iría, porque non tiñan coche. Na cidade vas a pé ou tes bus, pero na aldea a distancia era unha traba importante. Pero a diferencia maior está nas persoas que te rodean e aí eu tiven moita sorte, porque o meu adestrador era Julio Fernández, alguén a quen a miña nai, que estaba na aldea, vía como unha persoa formada, un profesor de Educación Física nun instituto, alguén importante e moi ben visto, por eso o vía como unha cousa boa. E eu tamén, porque sempre vivín o deporte como unha alternativa de posibilidades, de viaxar, de coñecer. Estaba nun grupo no que o deporte era algo normal e ao final ti tamén o ves do mesmo xeito.

Pero nin aquelo que dicía a xente nin a escasa oferta foron impedimentos para Marta Míguez.

Aquela xente á que non lle parecía normal que eu adestrara comezou a interesarse polo que facía cando fun campiona de España júnior. Entón, en vez de dicir "e ti que fas adestrando" xa comentaban "e logo gañaches...". Claro, víano como algo bo. Non sempre lle hai que dar valor ao que pensa ou fai a marea, porque podes chegar a crer que ti, se fas algo diferente, eres unha rara. Eu, muller e atleta, facía aquelo e víao como unha oportunidade persoal. Hoxe en día a xente tamén ve extrano que unha rapaza practique skate, por exemplo, pero cada quen debe facer aquelo que lle motive e aí o deporte é unha oportunidade máis cara a igualdade. Eu seguín a rama da competición porque me motivaba, e si, alcancei algo de relevancia, pero outras persoas collen o aspecto máis lúdico do deporte e tamén saben disfrutar del. O importante é facer o que che gusta e motiva aínda, que cada vez máis se busca competir, ser número un. Bailes de salón, por exemplo, comezou sendo exhibición.

Os medios de comunicación, a política, os formadores, a sociedade en xeral, ¿evolucionan cara un deporte feminino pleno?

Non. Ninguén se pode rendir á evidencia de ver que hai algo que está cambiando, pero esa evolución dista moito de ser plena. Claro, xa non son os tempos daquela ditadura sexista dos manuais de como fregar ben de rodillas e que durou ata 1978, pero aínda falta moito para a igualdade. Para entendelo, chega con mirar aos Xogos de Londres, onde o deporte español acadou 19 medallas e 13 foron de mulleres, e comparalo coa presencia nos medios de comunicación, cun 95 por cento para o deporte masculino. O fútbol feminino parece o único que despegou, espero que non sexa por unha simple moda de que os grandes clubes creen a súa sección feminina ou polo feito de pensar que é o correcto e quedar ben. Dende moitos ámbitos se segue a desprezar ao deporte feminino, aínda que esta oportunidade, que chega polo motivo que sexa, hai que aproveitala. No deporte debemos utilizar esas estructuras que xa existen para o masculino e a máis importante a da profesionalización. Non pode ser que chegues aos 30, cunha adicación como unha profesional, e na túa vida laboral non conste nada. Ata que non teñamos recoñecemento a tódolos niveis, pero sobre todo no laboral, o deporte feminino non ten nada que facer e este é asunto das institucións.

Neste proceso de equiparación, ¿hai referentes femininas claras que trascendan o deportivo e que papel deben xogar?

Hai moitas que poden asumir ese papel, pero están tan centradas no seu adestramento que é difícil adicarse a esa outra faceta. Se hai influencers que crean tendencia cando cambian de vestido por que non pode  crear tendencia unha deportista de alto nivel, que ademáis ten moito máis mérito. Pode facelo Ana Peleteiro, Paula Ginzo, María Araújo e outras moitas, porque ademáis dos seus logros son altítimas, guapísimas e están preparadas. O problema da sociedade actual é o de utilizar referentes equivocados e por eso hoxe en día destacan os antiheroes en vez dos heroes e as heroínas. Non faltan referentes, falta cultura para saber o que é un referente positivo.

¿Que debe facer o do deporte feminino para ter notoriedade?

As deportistas xa fan todo o que está nas súas mans. A xente debe entender que ser deportista de elite vale para algo e o primeiro no so é fomentar, tamén valorar e premiar, e iso pasa por unhas axudas importantes, non as limosnas das becas actuais. As políticas de igualdade son primordiais. No 2003 empeñeime en que os premios da Carreira do San Martiño foran iguais para homes e mulleres. Máis recentemente, estando na secretaría xeral para o Deporte, publicouse unha orde na que deixaban de ser subvencionados eventos nos que nos existía esa igualdade. As políticas van evolucionando, pero moito máis lento do que deberían. Vanse conseguindo melloras, pero esa montaña de logros aínda é unha chaira. Hai que ir consolidando discursos, porque o deporte feminino existe. Debemos ir abrindo camiños, ir construindo para que todos os logros se consoliden.

Te puede interesar
Más en Deporte local