Todos os cortes de tráfico pola carreira da Ponte que se celebra este domingo

OURENSE (PONTE ROMANA). 19/03/2022. OURENSE. Carreira de atletismo 15K Nocturna de Ourense - Mediolanum. FOTO: ÓSCAR PINAL
photo_camera OURENSE (PONTE ROMANA). 19/03/2022. OURENSE. Carreira de atletismo 15K Nocturna de Ourense - Mediolanum. FOTO: ÓSCAR PINAL
Desde as 8:00 horas estará prohibido circular no tramo Vicente Risco – Francisca Herrera en sentido de saída da cidade, para permitir a montaxe de infraestruturas.

A celebración da Carreira da Ponte, do circuíto popular Correndo por Ourense requirirá pechar á circulación de vehículos varias rúas do barrio pasado mañá, domingo, 25 de setembro, pola mañá. O dispositivo preparado pola Policía Local de Ourense prevé as seguintes medidas:

  • · Desde as 8:00 horas estará prohibido circular no tramo Vicente Risco – Francisca Herrera en sentido de saída da cidade, para permitir a montaxe de infraestruturas.
  • · Desde as 09:30 horas pecharase o resto do circuíto quedando prohibido o acceso a Ribeira de Canedo, Ribeiriño, Basilio Álvarez, Avenida das Caldas, tramo inferior da Avenida de Santiago e todas as rúas comprendidas no seu interior.

O dispositivo de tráfico prevé tamén que:

  • · As entradas e saídas das estacións de autobuses e ferrocarril estarán libres en todo momento.
  • · Os vehículos que circulen por Avenida de Santiago en sentido descendente á altura de Rei Souto serán desviados por este segundo viario.
  • · Os vehículos que se incorporan por Ático Noguerol pódense incorporar en sentido ascendente á Avenida de Santiago.

Ademais, desde o venres, ás 21:00 horas estará prohibido estacionar na rúa Francisca Herrera, onde se reservou espazo para a montaxe de zona de cronometraxe, asistencias e emerxencias.

A carreira, que organiza o Consello Municipal de Deportes do Concello de Ourense ten a saída ás 11,00h (categorías Pitufos), 11,05h (Benxamín, Alevín), 11,15h (Infantil e Cadete) e 11,30h (Xuvenil, Júnior, Promesa, Senior e Máster). O percorrido está formado por Francisca Herrera (12 de Outubro), Avda. de Santiago, Basilio Álvarez (ida e volta), Avda. As Caldas, J. Antonio Moretón, Ribeiriño, Avda. Caldas, Mercado, Rosalía de Castro, Vicente Risco (ata a rotonda e volta ata a meta).

Te puede interesar