Bulfoni e Víctor Pérez, no campus de iniciación de Meis

Os integrantes do club Blusens Monbus, Javier Bulfoni e Víctor Pérez, asisten hoxe ao campus de iniciación que organizan o concello de Meis e o club Xuventude Cambados.
O aleiro arxentino e o axudante de Moncho Fernández no corpo técnico están na localidade pontevedresa desde as 11.30 horas canda os nenos que acudiron ao campus no que empezan a ter as súas primeiras nocións de baloncesto.

Alí, comparten as súas experiencias cos máis pequenos que, en moitos casos, é a primeira vez que acoden a unha concentración deste tipo e intentarán aprender o máximo dos seus ídolos, ambos os dous integrantes do único equipo galego na ACB.

Durante o verán será habitual que os membros do Obradoiro Club de Amigos do Baloncesto acudan a este tipo de actividades, como xa fixo Alberto Corbacho nas últimas semanas e Moncho Fernández antes ca el.

Te puede interesar