CICLISMO

Mans galegas para Contador

Dibujo
photo_camera José Luis Boente partiu o mércores dende Peinador para unirse o Trek no Tour.

José Luis Boente, osteópata no Trek, viaxou ó Tour de Francia, onde tratará ó ciclista de Pinto

José Luis Boente é un ponteareán e home de ciclismo. Tamén un profesional notable que adaptouse ós tempos e especializouse na osteopatía para continuar na elite do deporte. Tralo paso polo Xacobeo recalou no Trek e esta tempada conviviu moitas horas con Alberto Contador, que dende mañá tentará gañar o Tour de Francia. 

"As sensacións son para disputar o Tour de Francia e gañar. Cando tes no equipo a un ciclista como Alberto Contador, a ambición é esa e el tamén é o que transmite. Con esas ideas imos. Despois, o que pase xa o marca a estrada. O que sucede, que xa pasou en Dauphiné, é que cada día todo e máis complicado e temos máis igualdade. Chega xente como Richie Porte e Fugsland, que fixeron unha carreira en Francia espectacular. É máis competencia", indica o osteópata de Ponteareas e engade que "o lema é 'todos con Alberto'. Todos os que van, polo que transmiten, é para iso. Incluso Degenkolb vai para iso. Polo que din, é o último Tour de Francia que vai a correr e é o que quere. A mentalidade muda. Sempre tivo idea de gañar e xa o ano pasado Mollema estivo arriba ata a última etapa, pero este ano subiu o nivel medio con Contador e a chegada de ciclistas como Pantano e mesmo Fellini. Sempre tivo ambición de gañar grandes carreiras, o que pasa é que este ano está Alberto Contador, que xa gañou. Ten máis experiencia e sempre dá confianza. O que pasa é que a carreira pon a cada quen no seu sitio porque tamén leva uns años sen gañar. O que temos é máis seguridade porque o líder que temos xa gañou".

A chegada do ciclista de Pinto levou trocos ó Trek porque chegou coa súa xente de confianza, unha situación que non é sempre doada, pero realizouse sen traumas. Boente describe que "os que xa levabamos anos dentro estabamos un pouco á expectativa por comprobar como se integraban eles. Os coñeces, pero de miralos nun hotel, non tiñas o trato diario. Ata agora, no referente a Alberto Contador, co que fixen todo o calendario, sorprendeume como persoa gratamente. É moi competente, ten as ideas claras e respeta a todo o mundo". Sobre o seu grupo de traballo, o ponteareán engade que "todo o mundo falaba sapos e culebras de Faustino -mecánico-, pero de momento non podemos dicir nada malo. Ata agora o ambiente é espectacular. O director Steven De Jongh, que é o seu preparador, é moi traballador, serio e, ó final, está da man de Alberto e teñen ideas parecidas. Sorprendeunos a todos para ben o bo acople que tivemos. Agora veremos no Tour, se aparece algún problema, como vai a relación e se continuamos todos na mesma dirección. O que se escoitaba con Contador era que, se non gañaba nunha volta grande, era cando chegaban os problemas. Ata o momento, non vivimos esa situación". 

Boente é un dos auxiliares do equipo que ten un trato directo con tódolos corredores e, debido a isto, foi un dos que antes tomou contacto con Contador e, por extensión, co seu grupo próximo. "Un masaxista é máis específico e atende ó seu grupo de ciclistas. No meu caso, eu teño que traballar con todos. Trato as lesións do ciclista ou preparo un tratamento para evitar que as lesións cheguen. Co cal, vas tratando a todos, un día tres, outro día outros tres. No caso de Contador, gustoulle o traballo que realizo e cada dous días ou cada tres, está en tratamento. Despois, polas circusntancias que foron, tocoume facer todo o calendario del. Ó final, como pasas tanto tempo con el, rematas por coller certa confianza e falamos de cousas persoais ou, incluso, da súa etapa como xuvenil cando eu era director no Augas de Mondariz e tiña a Alejandro Paleo, que era un dos seus rivais. Se tes confianza co ciclista, despois colles confianza cos seus colaboradores e co grupo xa falamos dunha serie de cousas que hai un ano eran impensables de falar con eles", indicou Boente. 

O osteópata de Ponteareas dispón de moita información porque "estou en contacto cos corredores e cos preparadores. Isto é porque, en función do estado do ciclista a nivel muscular ou de tecido, podo recomendar se hai que levantar un pouco a esixencia de adestramento ou cando pode cargar moito. Eu xa empezo en decembro con todos eles e con algúns ciclistas xa levo traballando dende 2010. Teño moitos datos e podo comentar co preparador porque teño moito coñecemento do ciclista". 

José Luis Boente é un deses profesionais específicos que viviu a evolución do ciclismo de primeira man. "Os ciclistas de preto dos corenta anos son pouco receptivos á chegada de novas técnicas como os osteópatas ou a acupuntura. Non obstante, cando van entrando e comproban os resultados, din como non o facíamos antes, co importante que é. En Dauphiné aínda Aimar Zubeldia comentaba isto. Igual é porque non existía tanta xente formada neste tipo de técnicas. De feito, os preparadores físicos chegaron hai moi pouco, a partir do 2010. En Phonak, no 2005, non tiñamos preparador físico".

A situación trocou porque "levo dezasete anos nisto e o conto mudou moito. O que pasa é que antes non o facía ninguén e agora o fai todo o mundo e, polo tanto, o ciclismo continúa sendo igual de complicado".n

Te puede interesar