Economía

Os grandes retos das empresas dixitais

Economía

Os grandes retos das empresas dixitais

Parellamente, a empresa intelixente tamén é unha realidade que ningún negocio pode obviar se quere sobrevivir e competir.

Ninguén cuestiona, a día de hoxe, o papel decisivo do mundo dixital nas nosas vidas. E afirmamos, sen dubidar, que vivimos nun mundo cada vez máis dixitalizado tanto a nivel particular coma na contorna das empresas: negocios e clientes están progresivamente máis conectados e a industria será un anaco máis intelixente e sensorizada día tras día. Entramos, de cheo, na era da Intelxencia Artificial (IA) e do Big Data.

Na nosa vida cotiá, o Big Data (referido á xeración de inxentes cantidades de datos) e o chamado Machine Learning (modalidade da IA que reproduce comportamentos por parte das máquinas a partir de algoritmos ou patróns ‘aprendidos’), están presentes nos nosos móbiles, nas buscas por internet e tamén nos coches autónomos, ou nos asistentes virtuais.

A empresa intelixente é unha realidade que ningún negocio pode obviar se quere sobrevivir e competir

Parellamente, a empresa intelixente tamén é unha realidade que ningún negocio pode obviar se quere sobrevivir e competir. A empresa que non se transforme e que automatice os seus procesos vai quedar atrás irremediablemente. Estamos inmersos na cuarta revolución industrial, o universo 4.0, e as empresas desenvólvense xa a un ritmo áxil, conectadas a través de redes que xeran millóns de datos. A sensorización fala precisamente desa pegada dixital presente en todas as accións que acomentemos a través de terminais, webs, autómatas, cámaras, máquinas, software…


O reto das empresas


Polo tanto, as novas tecnoloxías e a dixitalización van unidas inexorablemente ao concepto de competitividade. As áreas fundamentais das empresas: marketing, produción, operación, sistemas, dirección, van precisar información actualizada de múltiples fontes. E aí son e serán claves as tecnoloxías da Internet das Cousas (IoT) e Big Data, para adquirir e xestionar os datos, e a Intelixencia Artificial para interpretar, analizar e transformar eses datos en información valiosa para as empresas.

Pero non se trata de aplicar as novas tecnoloxías sen orde nin concerto; cómpre facer un alto no camiño e artellar unha reflexión estratéxica que nos permita optimizar o funcionamento dos negocios. Ao tempo, as empresas teñen que comercializar os seus produtos e servizos en contornas de expansión e é preciso que o fagan con rapidez e eficiencia, minimizando os investimentos en infraestruturas.

A dixitalización é un proceso de crecemento ineludible para todas as empresas na actualidade

Os retos están, polo tanto, en lograr unha maior capacidade de resposta no menor tempo posible, mellorar a toma de decisións en tempo real e o control dos procesos operativos, optimizar a relación e a comunicación cos clientes e servizos e dotarse de máis capacidade de predición para responder con rapidez aos requirimentos do mercado. Retos que, constatados pola experiencia, se traducen sempre en beneficios transversais a toda a cadea de valor da empresa: en suma, máis calidade, máis eficiencia e redución xeralizada de custos.

Non hai a día de hoxe outra saída para as empresas que a aplicación, entre outras, das novas técnicas de Intelixencia Artificial. O futuro das empresas, xa a curto prazo, dependerá da súa adopción exitosa, xunto coas aplicacións do IoT e Big Data.


casos de éxito


Nesta liña de traballo coas empresas galegas, R modernizou a infraestrutura de TI (Tecnoloxías da Información) e ampliou o proxecto tecnolóxico de Jealsa incorporando unha rede corporativa de datos con accesos multitecnoloxía para as sedes nacionais e internacionais do grupo conserveiro.

Noutra orde de cousas, para asegurar o ‘risco cero’ na perda de información de negocios e empresas, R artellou xunto con VMware (promotor da solución tecnolóxica) e Aldaba (no rol de ‘integradores’) as súas novas solucións na nube híbrida ("cloud" híbrida) e de continuidade de negocio.

Pola súa banda, a Cooperativa Farmacéutica do Noroeste (COFANO) apostou, da man de R, pola incorporación dun conxunto de solucións tecnolóxicas que lle permiten atender os seus clientes dunha maneira claramente diferencial. COFANO pode, nestes momentos, ofrecer servizos novos baseados en IoT aos seus clientes e empregar esa plataforma para lles dar servizo ás farmacias cunha sensorización inicial que cobre a necesidade de control de temperatura de neveiras.

Son tan só tres exemplos do papel de R como colaborador directo das empresas galegas na súa dixitalización, un proceso de crecemento ineludible para todas elas na actualidade, como comentabamos ao principio. Neste traballo permanente e cun percorrido aínda moi longo por diante o operador galego establece relacións e alianzas con empresas punteiras favorecendo unha contorna innovadora en Galicia, para que compañías e startups sigan crecendo co apoio sempre fundamental das administracións públicas e de centros tecnolóxicos especializados.


R, coa dixitalización das empresas


Proximidade para afrontar os retos globais da dixitalización

Neste escenario, o papel dun operador de telecomunicacións vai máis aló da construción das infraestruturas que lle posibiliten a aplicación desas novas tecnoloxías. R leva anos traballando a carón das empresas galegas no seu proceso de dixitalización a todos os niveis, xerando oportunidades tanto para clientes coma para socios tecnolóxicos. A grande fortaleza de R reside na súa proximidade a eses clientes: o operador coñece as necesidades das empresas que o elixen e traballa moi preto delas. O seu lema é “preto para chegar máis lonxe”, porque o seu labor se centra en acompañalas en primeira persoa nos retos globais da dixitalización. Por iso R reforza o seu carácter de asesor e facilitador de novas solucións e tecnoloxías, para que estas poidan incorporar aos negocios melloras operacionais e competitivas, excelencia na atención ao cliente, eficiencia en custos e novas oportunidades de negocio.
A día de hoxe a prioridade xa non é crear produto senón xerar solucións-.servizo a necesidades concretas, consumidas en tempo real, de xeito áxil e sinxelo. Fálase, así, da “servitización”. Desta maneira, o operador galego proporciona Internet das cousas, Big Data e Analítica coma servizo, aloxamento na nube nos seus datacenter e solucións de ciberseguridade de extemo a extremo.