Guerra 'empeñado en salvar ao naval' reitera o seu compromiso e solidariedade cos traballadores

O conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, fixo seu o lema da manifestación que este xoves percorreu as rúas de Vigo ao subliñar que o seu departamento está 'empeñado en salvar o naval' e reiterou, así, o seu compromiso e solidariedade con este sector.
'Imos seguir empeñados en salvar o naval tal e como pon a manifestación, con ese lema -'Pola defensa do emprego na bisbarra. Salvemos ou sector naval'- estamos absolutamente de acordo. Estamos a facer todo o posible por salvar e apoiar ao naval dende todos os pustos de vista', proclamou Guerra en declaracións a Europa Press antes de participar na clausura dun foro sobre internacionalización de empresas, en Santiago.

Ao respecto, o conselleiro afirmou que 'os traballadores do naval e os estaleiros saben que a Consellería de Economía e Industria está especialmente preocupada polo sector naval'. 'Onte falaban en particular do 'tax lease', nós xa estamos a facer as xestións axeitadas e premendo ao Goberno de España en todo o posible para que isto se solucione o antes posible', indicou.

'De feito', incidiu, 'a proposta que ten o Goberno de España é a de Galicia', porque, segundo reivindica Javier Guerra, a Comunidade Autónoma avanzou 'muchísimo traballo porque fixo os seus deberes' a este respecto.

'Entendo que a situación é de preocupación e lles quero transmitir a miña solidariedade e compromiso como ata agora', finalizou o titular de Economía e Industria da Xunta.

Te puede interesar