O prezo do leite acada os 35,6 céntimos por litro

vaca.jpg_web
photo_camera vaca.jpg_web
Con respecto ó mes de novembro, a suba é de 0.6 céntimos por litro de leite

O prezo do leite que venden os gandeiros galegos pechou 2021 cun prezo de 35,6 céntimos por litro, o que supón unha subida respecto dos 35 céntimos de novembro, segundo os datos publicados polo Ministerio de Agricultura.

Na comparativa con decembro de 2020, houbo un incremento de 2,7 céntimos no litro de leite no último ano na comunidade galega (32,9 céntimos ao peche de 2020).

Con todo, Galicia segue como a comunidade peninsular na que menos se paga aos produtores de leite. É a única que está por baixo dos 36 céntimos. A seguinte con menor cifra é Navarra (36,1 céntimos).

E é que os gandeiros galegos cobran 0,8 céntimos menos por litro que a media española, que se sitúa en 36,4 céntimos. País Vasco é onde mellor se paga na España peninsular (38,2 céntimos).
 

Te puede interesar