Recoñecemento ó papel dinamizador do pequeno comercio

A directora xeral de Comercio da Consellería de Economía e Industria, Nava Castro, destacou onte en Vilagarcía o papel de dinamización e modernización do pequeno comercio que realiza o Centro Comercial Aberto Zona Aberta. Castro participou na rolda de prensa na que se informou do recoñecemento que recibiu esta asociación comercial nos Premios Nacionais de Comercio Interior.
Nava Castro recordou que para Economía e Industria, que ten en marcha o Plan Ágora- Agora Re-Comercia para mellorar a competitividade do comercio, especialmente no tocante á protección e modernización do comercio de proximidade, 'o fomento do asociacionismo entre os comerciantes é unha aposta estratéxica na que os centros comerciais abertos son unha figura fundamental'.

Te puede interesar