O sector dos áridos perdeu 1.400 empregos, a maioría nos últimos dous anos

A Asociación Galega de Áridos (AGA) asegura que nos últimos anos se perderon 1.400 postos de traballo entre directos e indirectos, a maior parte deles nos últimos dous anos, segundo explicaron fontes desta entidade.
Desta forma, pasouse de crear emprego para preto de 4.000 persoas, a contabilizar, na actualidade, 800 empregos directos e 1.600 indirectos.Neste sentido, nun comunicado, AGA sinala que ata fai dous anos, as empresas loitaron por 'non pechar canteiras nin adoptar medidas laborais traumáticas'. Así, indica, a redución fora paliada con 'axustes de persoal, adaptacións de horario laboral e outras medidas'.

'Pero a sangría na produción, motivada pola escasa licitación de obra pública e a mutilada construción de vivendas, está a conducir ao peche e paralización dun grande número de explotacións', lamenta.

AGA que a 'parálise' que está a sufrir a construción, provocou un descenso acumulado do consumo de áridos dun 66 por cento dende o ano 2006 ata o ano 2012.

A asociación agrupa as empresas galegas produtoras de áridos, material básico no ámbito da construción. Conta con 50 compañías asociadas, que xestionan 80 explotacións distribuídas por todo o territorio.

SALDAR AS DÉBEDAS
Esta entidade esixe que se salden as débedas que teñen tanto as grandes construtoras como as Administracións coas explotacións, e reclama un plan de redución do gasto corrente que 'permita recuperar os investimentos en infraestruturas e obra pública'.

Así mesmo, denuncia as prácticas 'ilegais' de aproveitamento de recursos, que supoñen unha 'competencia desleal' para o sector, e solicita a Administración autonómica que 'axilice a tramitación para a regularización urbanística das canteiras que xa contan con autorización ou concesión mineira expedidas'.

Te puede interesar