Xan Jardón: "Con Baltar ou con Feijóo? Eu son de Vilar de Santos"

photo_camera Xan Jardón, alcalde de Vilar de Santos, quere voltar ser o alcalde máis votado de Galicia, pero agora por Compromiso por Galicia.

O alcalde máis votado de Galicia está en Ourense e non é do PP. En Vilar de Santos, Xan Jardón acadou en 2011 os 7 concelleiros baixo as siglas do BNG

O alcalde máis votado de Galicia está en Ourense e non é do PP. En Vilar de Santos, Xan Jardón acadou en 2011 os 7 concelleiros baixo as siglas do BNG, que levaba décadas gobernando. Desta volta espera repetir o resultado con Compromiso por Galicia.

Cal é a pócima?

Receita creo que non hai ningunha, tan só os veciños diante, os veciños despois e os veciños sempre. Somos moi transparentes e xestionamos ben os poucos recursos que temos, que nos permitiu facer unha defensa cerrada dos servizos públicos.

Os plenos serían moi aburridos... Ou non se convocaban?

Tivemos os que marca a normativa, como as xuntas de goberno ou as comisións. Incluso houbo algún pleno extraordinaio e algunga duscusión tamén tivemos. Houbo debate para consensuar os proxectos con traballo en equipo.

Fará campaña ou está chupado?

Os veciños saben que teño profundas conviccións democráticas. Gústanme as eleccións porque hai que rendir contas e das a coñecer o que pensamos para renovar o proxecto. Respecto as outras opcións políticas e vou facer unha campaña a fondo coa miña candidatura. Gústame encontrarme cos veciños.
 

Ve aos rrivais desanimados ou cre que pensan que poden levantar o 7-0? 

Haille que preguntar a eles. Hai unha candidatura do PP e outra do PSOE que, por certo, creo que con xente que non é de Vilar de Santos.

Por que marchou do BNG? Non lle gustaba a copla como a Francisco Rodríguez, histórico da UPG?

Eu renunciei no seu momento a Deputación como deputado e portavoz. É un proceso para mínfiniquitado por discrepancia e orientación política. Teño respecto e compañeiros no Bloque aos que lle desexo o mellor. Nós encabezamos unha candidatura de compromiso que encaixa coa nosa forma de practicar a política e punto.

Xavier Vence presentase en Avión porque di que hai medo en Ourense para facer unha lista e a única concelleira que tiña o BNG marchoulle. Cre que fai o ridículo como pensa Baltar?

Haberíallo que preguntar a Vence. Eu non vou valorar esa cuestión 

Vostede casa mellor con Baltar ou con Feijóo?

Eu son de Vilar de Santos.

Trata mellor a Vilar de Santos a Xunta ou a Deputación?

Non tivemos ningún trato especial de ningunha das institucións. Olvídanse moito do que é a cooperación institucional, pero insisto en que son de Vilar de Santos.

Te puede interesar