La cabeza de lista nacionalista por Ourense a las elecciones de la Presidencia de la Xunta, Noa Presas, responde a las preguntas de los ciudadanos
“¿Cuál es el motivo principal por el que se presenta?"
"Preséntome porque creo que é posible outro futuro para Ourense e para Galiza. Tamén é hora de que as mulleres e as persoas novas nos representemos directamente para cambiar as políticas e centralas nuns sectores que son as máis castigadas polas políticas do PP".
“¿Qué hará para dar empleos de mayor calidad?"
"Aínda que as solucións para o emprego teñen que vir de cambios profundos na lexilación estatal, dende a Xunta poderíase reclamar a competencia en inspección de traballo para poder fiscalizar dende eiquí que os empregos cumpran condicións mínimas".
“Que propón para o retorno dos emigrantes?"
"Hai que reactivar a economía apostando por introducir diñeiro público e a nivel inmediato temos a proposta do Plan Retorna para que a mocidade poida volver. Aumentaremos o investimento en I+D+i para que as empresas teñan incentivos para contratar aos que están fóra".
“¿Que hará para prevenir y extinguir los incendios?"
"Revisaremos totalmente o modelo de loita contra o lume para profesionalizar o corpo de prevención e extinción de incendios. Os lumes hai que apagalos en inverno poñendo o monte a producir e apostando por un modelo racional e multinacional de aproveitamento para que haxa menos posibilidades de arder".