ENTREVISTA

Xoán Carlos Domínguez: “A linguaxe nunca é inocente e neste
libro, sobre as vítimas da crise, menos"

dominguezalberte_result
photo_camera Xoán Carlos Domínguez.

O escritor presenta hoxe, ás 20,15 horas, no café cultural Auriense,en Ourense, o seu quinto libro, "Rastros, con enrugas"

O escritor Xoán Carlos Domínguez Alberte presenta hoxe, ás 20,15 horas, no café cultural Auriense,en Ourense, o seu quinto libro, "Rastros, con enrugas", unha ollada poética sobre a crise no que colaborou coas ilustracións o celanovés Baldo Ramos.

Que se pode atopar o lector?

É unha ollada, unha visión poética, centrada nas vítimas da crise, do capitalismo. Aínda que cito dous nomes propios, porque me impactaron as súas historias, o protagonismo do libro é colectivo.

Que lle motivou a escribilo?

É un libro de contido social, que comecei a escribir fará uns tres anos. Penso que é necesario e imprescindible nestes tempos. Denunciar en pequenas dose, como quen toma un café, a radiografía do que está pasando. E é así como eu entendo a poesía. A linguaxe nunca é inocente, e neste libro, menos.

Por que o di?

Todo o libro é un xogo coa linguaxe. Como o poder utiliza a linguaxe para anestesiar a realidade, como dín "modular o dereito a folga" en vez de recortar. E, ao mesmo tempo, como introduce novos conceptos de dominación, como o feito de "externalizar os servizos". Un dos apartados do libro, o denominado "enfermismos" fala diso, de como dar unha volta aos eufemismos. Collín citas que lin no xornal para desenmascaralos, e darlle a volta a súas propias palabras.

Quenes son os protagonistas?

O traballo comeza cos verdadeiros protagonistas desta crise: as vítimas e onde a educación ten un protagonismo importante. Tamén hai un apartado adicado á toponimia e lugares propios nun simbolismo ao abandono do mundo interior e tamén do interior físico. O libro tamén ten tres poemas, que se len como un so, adicados á xuventude, que son unha radiografía da realidade e "Caderno da crueldade" sobre Angrois. O libro o pecho cunha cita de Celso Emilio Ferreiro, porque quería que no libro aparecesen referencias a autores universais comprometidos, como unha proposta para que a xente os lea.

Baldo Ramos é o encargado das ilustracións, como foi a colaboración?

Baldo máis eu xa levamos varios traballos xuntos, pero si, é todo un luxo contar con el para este novo libro.

Te puede interesar