“É moi triste que os médicos no rural o que máis fagamos sexa certificar defuncións'

O médico Roberto Fernández, durante a súa conferencia.
O Colexio Médico iniciou onte unha homenaxe ós profesionais que exercen no rural. A primeira actividade foi a conferencia de Roberto Fernández, baseada na tese que está a piques de pechar e que estuda o Ourense do século XX.
Hay algo que caracterice ós médicos rurais de Ourense?
Ten moitas características comúns con calquera outro médico rural do interior de España. Se tratamos de buscar peculiaridades, serían as propias de traballar en Galicia. Por exemplo, o feito de que había un retraso infraestructural moi grande coas dificultades engadidas e derivadas disto porque ata tempos moi avanzados tivo que desprazarse en cabalo. Tamén poderiamos dicir que a atención ós pacientes como a beneficencia, que tiña padróns moi reducidos porque os criterios para ser pobre eran moi restrictivos; entre outras características.

Como xorde a idea de centrar a súa tese neste tema?
A historia do médico rural comezoume a chamar a atención no 2008 polos médicos rurais na zona onde eu traballo, que é Allariz. Empecei estudando alí e despois fun ampliando a toda a provincia. Pareceume un tema moi interesante e divertíame moito porque é como unha especie de conto moi longo, con toques de romanticismo e de lenda. Na actualidade, o romanticismo tamén se disipa un pouco porque atopamos unha triste realidade.

É especial a relación entre o paciente e o médico rural?
Era distinta da que se establece actualmente. Antes o médico era un máis e, polo tanto, tiña un coñecemento moi próximo dos problemas e circunstancias familiares dos veciños. Era máis cercano có que hai hoxe. Con todo, tamén era unha figura moi respectada no pobo, polo que o perfil era, en certos momentos, máis distante ou incluso déspota. Pero sobre todo exercía un papel paternalista. Hoxe tamén o paciente é máis independente e non procede xogar hoxe ó paternalismo, hai que buscar outras maneiras e avanza cara un modelo contractual.

Os médicos rurais chegan a selo por vocación ou son as propias circunstancias as que os conducen a este eido?
Agora pódese considerar que a medicina de familiar é en gran parte vocacional porque, aínda tendo grandes carencias, ten unha serie de características que marcan a súa consideración profesional, estando incluso mellor valorada que moitas especialidades. Daquela, ademais de ter que traballar nunhas condicións adversas, profesionalmente estaba moi mal visto e ser médico rural era como ser un profesional de segunda. Por iso non era tanto vocacional como polas necesidades de traballar. Ir para un pobo e abrir a consulta era a opción máis inmediata.

Cal é a súa experiencia propia como médico rural?
É boa no sentido en que aprecio moito o que se fai no medio rural porque hai máis ferramentas. Pero vexo que o rural está desaparecendo. Un dos labores que máis facemos os médicos que traballamos no rural son certificados de defunción e iso é moi triste. Máis que ó mellor pensar en retirar medios do rural e certificar definitivamente a súa defunción, que sería catastrófico económica e socialmente, ó mellor as medidas deberan ir por investir e intentar que a xente busque os seus recursos laborais nun medio que ofrece moitísimas posibilidades.

Te puede interesar