ENTREVISTA

“O taekwondo galego está ó máximo nivel”

OURENSE. 26.02.2015. JUAN CARLOS EIRIZ, FOTO ENTREVISTA. FOTO: MIGUEL ANGEL

El Ourensano Juan Carlos Eiriz López cumple un año al frente de la Federación Gallega de Taekwondo.

El Ourensano Juan Carlos Eiriz López cumple un año al frente de la Federación Gallega de Taekwondo. Accedió al cargo en febrero de 2014, después de la renuncia de Mercedes Barrientos, y desde noviembre es el presidente electo de un ente federativo que persigue mantener la buena gestión económica de los recientes ejercicios y dar todavía un paso más en el aspecto deportivo a pesar de que como reconoce Eiriz López "o taekwondo galego está ó máximo nivel nacional".

¿Cómo está la Federación después de las elecciones?

Todo está marchando moi ben, tanto na xestión económica como na deportiva. As relacións coa Federación Española cambiaron, antes había unha tensión moi grande e agora unha maior fluidez. De feito, xa organizamos un Campionato de España, e en abril teremos en Pontevedra o Open de España, un evento de máximo nivel internacional que reunirá a máis de 1.500 deportistas, con moitos olímpicos.

Y en Ourense, ¿cuándo un evento similar?

A cidade non ten infraestructura hoteleira para ese volume de xente, pero si coas das localidades dos arredores, o problema é que eiquí non se apoia este tipo de eventos a pesar de que dan superávit. Estamos falando de 1.500 deportistas ós que hai que engadir técnicos e acompañantes, que so en pernoctacións supón durante tres días 300.000 euros. Pontevedra é a cidade de España que máis campionatos nacionais organiza, e se o fai será porque lle sae rentable.

¿Cuáles son los objetivos con los que abrió el mandato?

Continuamos cos mesmos proxectos pero co toque persoal. No aspecto formativo seguimos coa actividade no Centro de Tecnificación de Pontevedra, e se fora posible acceder ó Centro de Alto Rendemento, no competitivo pretendemos que polo menos Lúa Piñeiro (luchadora arousana) se clasifique para os Xogos de Río, e no económico trataremos de seguir coa federación saneada a pesar de que a subvención da Xunta descendeu á metade dende hai catro anos. Para paliar esa pérdida de ingresos estamos na búsqueda de novos patrocinadores.

¿De qué salud goza el taekwondo gallego?

Estamos ó máximo nivel nacional. Hai 15 días foi o Campionato de España absoluto en Cartaxena e a selección galega foi segunda na categoría masculina, segunda na femenina e tamén segunda na xeral. Os números son moi bos e o obxectivo debe ser non baixar nunca do podio polo que significa de motivación para os rapaces que se están iniciando. Lúa (Piñeiro) está no Centro de Tecnificación, pero tamén becada no Plan ADO, e a meta é que algún deportista máis tamén o consiga.

¿Y en Ourense, qué fue de los Cristóbal Amoedo y compañía?

Creo que Cristóbal (ex del Taebek) tiña cualidades para estar fixo en Río, pero tirou con todo o que levaba feito. No ximnasio era moi traballador pero despois o tema do Centro de Tecnificación... Preferíu poñerse a traballar. Neste momento non temos ningún ourensán no Centro de Tecnificación pero hai xente de nivel, como Sandra Senra (Taebek), campiona galega sub 21 que está preparando o Nacional, e tamén hai rapaces do C.D. Couto que poden chegar. O problema en Ourense é que aínda que hai afección polo taekwondo non se compite. Apenas temos 400 licenzas das 6.000 que hai en Galicia.

¿Y tiene solución este problema?

Eu animo a competir a todo o mundo pero a xente é reacia. Hai clubes, pero agora só compiten o Taebek e o CD Couto. Outros, como Trabazos, Olimpia, Lee ou Celanova non o fan. Despois, en Ourense tamén hai moi poucos nenos e a emigración fixo moito dano: poderíamos falar dos 40.000 xóvenes que tiveron que marchar nos últimos anos para buscar traballo fóra. De tódolos xeitos é posible mellorar os datos. Por exemplo, no Carballiño, non se chega ó nivel de participación na escola de fútbol, que ten 200 rapaces, pero é onde máis xente hai porque hai un importante traballo con nenos.

¿Qué puede ofrecer este deporte para que enganche a la gente?

Os rapaces comezan a practicalo ós 4 anos. Empezan con técnica e despois, con 8, 9 ou 10 é o momento de pasarse á modalidade de combate. O taekwondo non é nada violento, ademáis utilízanse moitas proteccións e os golpes mídense, contrólanse e adéstranse polo que apenas hai lesións.

Te puede interesar