As comparsas do desfile de Entroido en Maside recibirán subvención

MASIDE 28/02/2020.- Desfile de entroido en Maside. José Paz
photo_camera Desfile de Entroido en Maside de 2022. Foto: José Paz.
As comparsas que desfilarán o próximo 20 de febreiro en Masido polo Entroido de 2023 recibirán unha subvención

Maside celebra o seu día grande de Entroido o luns, 20 de febreiro, cun desfile de comparsas, que comezará ás 17,00 horas. Os interesados en participar xa poden inscribirse de 09,00 a 14,00 horas nos Servizos Sociais ou no teléfono 988 40 11 08. 

As comparsas ou grupos opten á subvención por participar deberán apuntarse previamente; terán que ter un número mínimo de 10 compoñentes e presentar os datos dun representante (DNI/CIF, enderezo, teléfono e número de conta bancaria). 

A inscrición rematará o 17 de febreiro, ás 14.00 horas. Todas aquelas comparsas ou grupos que non se atopen inscritas dentro do prazo non poderán optar ás subvencións aínda que se lles permitirá participar no desfile. A contía máxima da subvención dependerá do número de participantes de cada comparsa ou grupo. 

Recibirán 150 euros as comparsas entre 10 e 25 participantes; 200 euros, entre 26 e 35; 250 euros, entre 36 e 50; 300 euros, entre 51 e 75 e 400 euros os grupos de máis de 75. Para incentivar a tradición local os grupos de Felos inscritos terán unha subvención extraordinaria de 50 euros ademais da que lle corresponda pola súa categoría. Ao final do desfile haberá chocolate para todos os participantes e persoas disfrazadas.

Te puede interesar