Entroido 2023

Máis de mil persoas desfilaron no gran folión do Entroido da Valenzá

As rúas da Valenzá enchéronse de coloridos atuendos no día grande do Entroido neste concello da área metropolitana

O gran folión do Martes de Entroido de Barbadás contou coa participación de máis dun milleiro de persoas, que desfilaron polas rúas da Valenzá amosando as súas creacións para o gran pasarrúas. Na categoría individual, parellas e tríos participou Jodini e o sombreiro máxico, Eclipse, Maruxa Monroe, Pavoneándose, Cisne de barrio, Monstruos S.A., Estraña parella, Rei Emérito, Universo Veneciano, Petrificadas, Barco de Chanquete. No apartatado de comparsas estiveron Moulin Rouge estilo libre, Blues and Pink, as profesión do colexio Filomena Dato, Desfile de alta costura a baixo prezo, Déixame tranquila xa!!!, MTV climático, As de Sempre polo aire, As Lamas en festas, A Paiasada, O Reino do Dragón, No Fondo do mar, Soles venecianos, O Polo Norte en Vilarnaz e Marina de Lolailos. Por último, tamén participaron as carrozas Dragón de Disney, Enerxía Renovable Concello de Barbadás, Cantares Galegos, o Barco de Chanquete e Festa Nórdica. Así, o número de competidores ascendeu a 752 persoas repartidas en 30 agrupacións, chegando ás máis de mil con charangueiros e membros da organización, nun desfile que repartiu 6.000 euros en premios aos disfraces máis impresionantes e orixinais.

A afluencia a este desfile -que respectou a choiva- foi masiva e o ambiente de troula fixo da Valenzá unha das capitais do Martes de Entroido. Para controlar que todo fora ben, estiveron presentes a plantilla completa da Policía Local de Barbadás e quince voluntarios do Concello; así como Protección Civil, que contou coa presenza de doce membros da agrupación de voluntarios de Barbadás, cinco efectivos de Cortegada, dous voluntarios de Toén e dous  de Xunqueira de Ambía.

Te puede interesar