Moitas rondas de choros e glorias ao albariño en Allariz

PHOTO-2023-02-22-20-46-24
photo_camera Os choros non cesaron ao redor do cadaleito do meco. (P.P.)
Os meco alaricano descansou “eternamente” ata o ano que vén

Nun velatorio improvisado na Paneira de Allariz, o meco recibiu as oracións dos alaricanos e alaricanas consternados polo descanso “eterno” de quen vixiou o Entroido dende a Praza Maior, aínda que este que non será tanto, pois o meco regresará o vindeiro ano. 

As “rondas de choros” estiveron patrocinadas polas Silvardeiras, e non faltou a bica nin o licor. Tampouco as glorias ao churrasco e ao albariño. A procesión foi máis curta por mor da chuvia, pero o humor non se detivo ata o final. Allariz despediu así cinco días de festa.

Te puede interesar