ENTROIDO

Non hai choiva que pare o Entroido

A borrasca obriga a suspender algúns actos previstos pero non foi quen de facer que os veciños das vilas quedaran na casa nunhas datas tan especiais.

A intensa borrasca e as fortes rachas de vento non son quen de parar a forza do Entroido. Mellor dito, a vontade da xente que segue a botarse á rúa a pesares do estado do ceo.

Con todo, nalgúns puntos da provincia suspendéronse actos de axenda, como en Entrimo e Laza, pero o entusiasmo da xente segue a ateigar as rúas e moi especialmente, as cafeterías e tabernas. É o caso de Verín, onde os veciños puideron celebrar o bautizo do cigarrón grazas á carpa de 25x14 metros instalada na praza García Barbón. 

Te puede interesar