O son telúrico do folión resoou no Domingo Gordo

Cinco horas de ronda nas que as mázcaras non deixaron de danzar ao ritmo dos bombos

O domingo gordo, a parroquia de San Martiño, en Manzaneda, envolvíase de cheo co son do fulión, mentres as lucidas mázcaras non deixaban de bailar.
A figura do touro intentando arrinconar ao público asistente tampoco faltaba.

A soleada tarde acompañou a unha loga foliada que se prolongaba ata ben entrada a noite. Unhas 5 horas de ronda onde as cornas, bombos e aixadas non cesaron, facendo que as mázcaras bailaran a súa danza xiratoria.

Partían ás 16,00 horas dende a aldea de Cimadevila e baixaban tocando ata chegar a Rozavales. O rito dos bombos deixaba de soar e as figuras danzantes dábanse un descanso en varias das casas que durante o percorrido lles sacaban de beber e comer. O relevo xeneracional está asegurado neste singular entroido ourensán onde cada ano contan con incorporacións de cativos nas súas mázcaras.

A ronda continuaba cara A San Martiño e coa noite xa encima continuaban a Soutelo. As paradas íanse continuando en cada unha das pequenas aldeas que forman a parroquia ata chega á Corredoira, punto no que a longa ronda chegaba o seu fin. A peculariedade das mázcaras danzando diante do folión neste ancestral Entroido, fai que un numeroso público os acompañé durante o percorrido.

Te puede interesar