Entroido 2020

A xornada na que se deixan ver os cabreiros

MUÍÑOS 15/02/2020.- Cabreiros por las aldeas de Muíños. Tourós.  José Paz
photo_camera Cabreiros en la aldea de Tourós, en Muíños. (Foto: José Paz)
O persoaxe orixinal de Vilar de Cas percorreu as parroquias do Concello

Os veciños de Muiños tamén lle tomaron a temperatura ás vísperas do Entroido. Os días previos sirven, como é o caso, para lucir as peculiaridades do cabreiro, o persoaxe que reina estos días no concello. A xornada de onte serviu para cumprir coa tradición do sábado anterior ao Entroido e foron moitos os que se animaron a facer o percorrido polas parroquias do Concello de Muiños, pese a que son moitos os recovecos a visitar. 

MUÍÑOS 15/02/2020.- Cabreiros por las aldeas de Muíños. Tourós.  José Paz

Cada ano a tradición vai a máis porque se está facendo un esforzo de recuperación moi importante de divulgación do cabreiro. En realidade, segundo os estudios feitos, ten a súa orixe no nucleo de Vilar de Cas, na parroquia de Souto de Limia. O Concello foi quen de poñer os medios para que esta tradición fora incorporada ao patrimonio cultural de Muiños.

Xa no ano 2004, e gracias á colaboración veciñal foise recuperando a simboloxía deste persoeiro que ten como principal distintivo unha máscara dunha cabra, animal moi vencellado ao aproveitamento gandeiro da montaña da zona. A máscara é de papel cartón pero a tradición indica que levaban unha calavera do animal. A vestimenta inclúe tamén un pantalón negro con cintas bordadas, un chaleco vermello e polainas de color marfil semellando as cores do animal. Onte a súa estética volveu reinar en Muiños.

Te puede interesar