CONFIRMACIÓN DO GOBERNO

Os títulos de ensinanzas artísticas superiores serán equivalentes aos de grao

A Consellería de Educación mostrou este mércores a súa satisfacción pola decisión do Ministerio de Cultura de confirmar a equivalencia dos títulos de ensinanzas artísticas superiores cos de grao, unha cuestión que fora proposta pola Xunta.

Segundo sinalou a consellería, o Boletín Oficial do Estado (BOE) recolle este mércores un decreto que modifica o Marco Español de Cualificaciones para a Educación Superior, que establece a ordenación das ensinanzas universitarias oficiais.

Neste documento, recolle o departamento autonómico, equipásense as ensinanzas artísticas superiores co título de graduado.

O Marco Español de Cualificaciones para a Educación Superior (Mexes) busca informar á sociedade sobre cáles son as esixencias de aprendizaxe de cada nivel, así como subministrar información aos empregadores sobre as correspondentes competencias dos que van ser empregados.

Te puede interesar