Abanca organiza unha nova edición dos “Días Azuis"

20190927-abanca-dias-azuis-3e93ef65_result
photo_camera Repesentantes do comercio, da Xunta e da entidade Abanca, na presentación.
Participar é tan simple como rexistrar a compra na páxina da campaña www.diasazuis.com ou solicitar ó comerciante que faga o rexistro. 

O director de Red Comercial de Abanca, Gabriel González Eiroa; xunto co presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas, e a directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez Abeal, presentaron a cuarta edición da campaña Días Azuis do Comercio Galego. 

Os organizadores queren potenciar o fomento, estímulo e impulso do comercio de proximidade de Galicia, así como reforzar a posta en valor do importante papel económico e social do sector na nosa Comunidade Autónoma, segundo destaca a entidade.

A edición de outono dos  de Días Azuis do Comercio Galego desenvolverase dende o 1 de outubro ata o 20, coa colaboración dos establecementos de máis de 100 asociacións e centros comerciais abertos da nosa Comunidade Autónoma. Durante estas datas, os clientes que merquen nos establecementos minoristas poden participar no sorteo de 16.200 euros, repartidos nun total de 80 tarxetas prepago regalo, de 300 e de 150 euros. 

Participar é tan simple como rexistrar a compra na páxina da campaña www.diasazuis.com ou solicitar ó comerciante que faga o rexistro. 

A Federación Galega de Comercio quere que sexa un outono máis azul ca nunca nos establecementos, rúas, vilas e cidades galegas. O elemento máis significativo da campaña, un círculo azul grande, e outros elementos corporativos, locen xa nos comercios de toda Galicia. Ademais, prevese novamente un forte impacto nas redes sociais, a través do hastag #díasazuis. 

Te puede interesar