LAS CUENTAS CLARAS

Barbadás impulsa unha oficiña virtual para empresas

Esta iniciativa terá o seu espacio no programa Las Cuentas Claras e será explicada por Xosé Manuel Fírvida, tenente de alcalde e concelleiro de Promoción Económica.

O concello de Barbadás porá en marcha unha Oficina Virtual ubicada no Centro Empresarial Transfronteirizo (CET), destinada a autónomos e pequenas empresas, na que disporán dunha sala de reunión, unha aula de informática, así como o salón de actos. Esta iniciativa terá o seu espacio no programa Las Cuentas Claras e será explicada por Xosé Manuel Fírvida, tenente de alcalde e concelleiro de Promoción Económica.

Segundo as súas palabras o principal obxectivo é “aportar respaldo ás pequenas empresas ou autónomos que por estar empezando ou pola natureza do servizo que prestan carezan de instalacións propias ou axeitadas para desenvolver a parte burocrática ou social da sua actividade”. Engadiu que é “unha clara aposta polo tecido empresarial e comercial, así como pola cultura do emprendemento, no que tratamos de ofrecer unha axuda de utilidade na fase máis crítica da actividade empresarial. Segundo o teniente de alcalde de Barbadás, a Oficina Virtual permitiralle ás persoas ou empresas que

a usen, utilizala como sede de tarefas burocráticas ou de ámbito formativo, administrativo ou social, xa que terán á sua disposición servizos de internet, correo electrónico, ordenadores, posibilidade de facer fotocopias. Tamén poderán recibir correos electrónicos ou postal, así como recibir envíos que serán recibidos por persoal do CET e enviados de xeito inmediato.

Te puede interesar