emprendemento

Os coworking de Ourense impulsan un cento de proxectos empresariais

IMG_20180711_210511_result
photo_camera Participantes no coworking de Celanova.

Facilitar o desenvolvemento de proxectos empresariais e a creación de emprego sobre o conxunto do territorio galego, incrementando así as posibilidades de éxito das iniciativas impulsadas polos emprendedores, é o obxectivo dos espazos coworking que están a desenvolver a Xunta e a Escola de Organización Industrial (EOI).

Na provincia de Ourense, o programa de espazos coworking, que conta con sedes en Celanova e no CIS Madeira (San Cibrao das Viñas), ten permitido que preto dun cento de proxectos avancen na súa consolidación a través dun asesoramento especializado.

O espazo situado en San Cibrao das Viñas mantén aberta a convocatoria da segunda edición para os emprendedores que desexen desenvolver un novo proxecto empresarial, especialmente nos ámbitos do forestal e da transformación da madeira.

A primeira edición deste espazo coworking especializado nun dos sectores estratéxicos para a economía galega rematou en abril e contou coa participación de 18 proxectos. Xunto co coworking do Salnés (Pontevedra), focalizado no turismo e a agroalimentación, e o de Santiago, centrado nas industrias culturais, esta aceleradora é unha das especializadas nun ámbito sectorial.

Poden participar nestes espazos de traballo en común persoas con ideas empresariais sen desenvolver, emprendedores con proxectos en fase temperá de desenvolvemento ou que crearan a súa empresa en datas recentes e precisen asesoramento para a fase inicial de consolidación e crecemento.

No tocante a Celanova, xa están a participar un total de 22 emprendedores de 19 proxectos diferentes, manténdose así a liña da anterior edición, cando se desenvolveron iniciativas empresariais relacionadas con ámbitos tan diversos como os servizos tecnolóxicos apoiados nas TIC, o sector da moda ou os servizos vencellados coa valorización de recursos do territorio como turismo ou os produtos agroalimentarios. 

Os proxectos acelerados no espazo coworking de Celanova están chamados a servir para dinamizar economicamente as comarcas do sur de Ourense, con novas empresas tamén relacionadas co turismo sostible e as actividades de ocio que poñen en valor a natureza e o patrimonio da provincia.

Estas aceleradoras forman parte da rede de espazos coworking que a Xunta de Galicia, en colaboración da Escola de Organización Industrial (EOI), puxo en funcionamento en 2016 para contribuír ao desenvolvemento e consolidación de iniciativas empresariais e á creación de emprego.

Esta cooperación entre a Administración autonómica e a EOI xa ten permitido consolidar en toda Galicia 295 proxectos promovidos por 364 emprendedores galegos. Na actualidade se encontran en marcha 124 proxectos de 146 emprendedores. Aos espazos de Celanova e do CIS Madeira, súmanse os da Mariña lucense (en Mondoñedo), A Ribeira Sacra (en Monforte de Lemos), Santiago, Ferrolterra, A Costa da Morte (en Cabana de Bergantiños) e o do Salnés (en Vilanova de Arousa). 

Estas iniciativas contribúen a dinamizar a economía e o emprego dos concellos máis pequenos, así como aproveitar os recursos de cada zona para crear novas oportunidades e fixar poboación. Deste xeito, estas aceleradoras xeran o clima de confianza necesario para poñer en marcha un negocio á vez que se fomenta o traballo colaborativo. 


Rede galega de aceleradoras 


Esta actuación responde ao compromiso da Xunta co emprendemento, enmarcándose nunha rede de aceleradoras de Galicia coa que se apoiaron xa máis de 600 proxectos nos últimos cinco anos a través de iniciativas como Agrobiotech en Lugo e Ourense, centrada nos sectores agroalimentario, forestal e a biomasa; a Business Factory Auto (BFA), en Vigo, coa colaboración de PSA, Zona Franca, Ceaga e CTAG; os programas Connecting for Good Galicia e Galicia Open Future, en Santiago, coa participación de Vodafone e Telefónica, respectivamente; ViaGalicia, en Vigo e Lugo, que conta co apoio de Zona Franca; ou a primeira incubadora de fármacos de España, que se promove desde Santiago coa Fundación Kaertor e a multinacional Janssen; ademais de aceleradoras privadas centradas en proxectos de I+D+i. 

GALICIA EMPRENDE 

A nova convocatoria de axudas do programa Galicia Emprende xa está activa. Os emprendedores e autónomos interesados en solicitar os apoios este ano poderán facelo en calquera das dúas convocatorias sucesivas: ata o 27 de xullo e do 30 deste mesmo mes ao 25 de outubro. Poden acollerse proxectos promovidos en Galicia, tanto de nova creación como de consolidación de empresas durante os seus primeiros 42 meses de funcionamento. 

A través desta actuación preténdese achegar axudas por valor de 3 millóns de euros para impulsar 80 proxectos de autónomos e emprendedores, xerando investimentos por 11 millóns de euros.

Esta liña de apoio ao emprendemento, coordinada pola Xunta e cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Económico, ten como obxectivo estimular o tecido empresarial galego e fomentar a xeración de emprego mediante a creación e fortalecemento de novas pemes. O importe dos investimentos apoiados está comprendido entre os 25.000 e os 500.000 euros e as axudas concedidas poderán cubrir ata o 30% dos mesmos no caso das pequenas empresas e ata o 20% no das medianas.

Co mesmo obxectivo, pero focalizando a acción no ámbito rural, a Xunta vén desenvolvendo o programa Galicia Rural Emprende, deseñado para promover a diversificación e creación de novas empresas non agrícolas sobre o territorio. O orzamento destinado ao emprendemento en 2018 ao abeiro de ambos os dous programas suma, como no exercicio anterior, 7,5 millóns de euros. 

Mediante estas dúas iniciativas, durante o ano pasado o Goberno galego apoiou 162 proxectos empresariais de emprendedores que mobilizaron máis de 18 millóns de euros en novos investimentos que levan asociada a creación e o mantemento de 385 postos de traballo.


EMPRENDEMENTO


Pedro Ferrero, de Árbore: "Achegoume unha nova visión da miña empresa"pedro ferrero_result

A empresa de Pedro Ferrero foi unha das que participaron neste espazo de axuda especializada sobre a transformación da madeira que se ubica no CIS Madeira, no Parque Tecnolóxico. Chegou a el de casualidade da man da súa muller, pero ao ver que estaba relacionado coa madeira interesouse polos obradoiros que se realizaban nel, aínda que ao comezo non puido asistir tanto como lle gustaría xa que se movía entre Barcelona e Ourense. Afirma que este programa lle achegou novos coñecementos no relativo a marketing e comunicación, o que lle permitirá levar a súa empresa ao seguinte nivel, cun crecemento sostido. Pedro Ferrero, sempre vinculado ao sector da madeira, comezou primeiro cunha sociedade aínda que despois deixou este sector e agora quere volver e dedicarse ao que sempre lle gustou. Comeza con esta idea en Madrid, no ano 1997, cando, despois dunha obra de teatro, o chan queda destrozado por unha inundación e pídenlle que faga unha réplica do estragado. Este foi o punto de partida de Árbore, unha empresa que se dedica á fabricación e a restauración de pavimentos históricos e artísticos. “Como estou nun sector tan específico, nunca falta traballo, pero si continuidade, polo que con estes obradoiros o que quero é crecer e fabricar un produto para a creación de pavimentos non tan macizos como a madeira convencional, a multicapa, o que permite realizar o labor coa mesma calidade pero dun xeito moito máis económico”, afirma Pedro Ferrero. Árbore é unha empresa dun único traballador que viu neste coworking a oportunidade de reinventarse e aprender cousas novas.

Álvaro Rodríguez e Hugo Pérez, de la Florida: "Deunos capacidade de síntese e visión empresarial"

Un dos proxectos que participaron no CIS Madeira de San Cibrao foi La Florida, unha iniciativa de Álvaro Rodríguez e fiesta_presentacio_un_gurung-7613_resultHugo Pérez.O primeiro, investigador en microbioloxía na Facultade de Ciencias de Ourense, e o segundo, apicultor autónomo con oito anos de experiencia. O seu proyecto, “Innovando con miel”, ten como obxectivo crear novos produtos de calidade nun entorno ligado á tradición como é o sector apícola.

Álvaro Rodríguez afirma: “Nós estabamos desenvolvendo un produto a base de mel, Gurung Hidromiel, pero faltábanos a parte empresarial. Foi entón cando xurdiu este coworking no CIS Madeira e durante case que seis meses estivemos desenvolvendo un plan de negocio”.

Gurung Hidromiel é unha bebida aperitivo resultado da fermentación alcohólica de mel con agua, zumo de laranxa e una mezcla secreta de especias. É unha reinvención da hidromel, a primeira bebida alcohólica fermentada da historia e consumida polos celtas. Gurung contén 10° alcohólicos e consómese cun xeo e media roda de laranxa. Este produto xa se atopa en tendas gourmet, locales de moda e de alta cociña de Ourense e Vigo.

Os responsables de La Florida afirman que “o espazo axudounos  a centrar ideas, o plan de acción, a marcar unha folla de ruta, sobre todo, na parte financeira, que era onde os dous estábamos máis frouxos”.

O vindeiro mes de agosto, La Florida tamén terá no mercado Refrescos Melité unha bebida para deportistas elaborada a base de infusión real de tés, “herbas” e especias, sen conservantes e endulcorada en pequena cantidade cun “azucre premium” como é o mel.

Pedro Wald, de Griller: "Traballamos o plan de negocio e o desenvolvemento comercial"equipo-copyss

O proxecto de Grilier é a posta en marcha dunha compañía enfocada en mellorar a experiencia de asar en barbacoas, contando coa inspiración da alta cociña e achegando a súa calidade a todos aqueles que busquen unha experiencia gourmet única. Pedro Wald e Ana Isabel Fernández comezaron con este proxecto hai dous anos en Celanova. “Compartimos a nosa paixón polo sabor e a alta cociña a través dos nosos produtos coidadosamente feitos a man en Celanova”, destacan os responsables de Grilier. Este produto é un sazonador en bloque para barbacoas, innovador e moi doado de usar. A súa intención é ser unha opción natural que axuda a realzar os sabores dos alimentos. É un alimento saudable, que ademáis é compatible con calquera tipo de dieta. “Escollemos coidadosamente cada ingrediente para desenvolver un aroma único que é capaz de penetrar nas fibras dos alimentos, realzando os sabores naturais e as súas características únicas”, destacan Ana Isabel Fernández e Pedro Wald. Na actualidade a empresa está a traballar en temas de comercialización e distribución nacional e internacional, con tenda propia e a posta en marcha da venda do produto a través de Amazon en Estados Unidos, México, Canadá, Francia, Italia, Alemaña ou Inglaterra. “Cando comezamos co proxecto na incubadora da escola empresarial de Celanova seguimos adiante traballando no plan de negocios e comercial para dar saída ao mercado dun producto innovador e sen calorías”, rematan os responsables de Grilier.

Rubén Casal, de Niotek: "Buscamos solucións para as necesidades reais dos clientes"niotek1_result

As aplicacións informáticas e o desenvolvemento de software aplicado ás necesidades cotiás das empresas son cada vez máis importantes. Rubén Casal é o CEO de Niotek Soluciones Informáticas, empresa que ten unha actividade que xira en torno ao mantemento de sistemas informáticos e que dá emprego na actualidade a dez persoas. Está no espazo de coworking de Celanova. O carácter emprendedor de Rubén Casal fixo posible a creación doutra empresa, Niosoft Technology Consulting, na que están a desenvolver varios proxectos. “Un deles consistirá no arrendamento de equipos para eventos, montaxe de pantallas LED e sistemas de audio e video”, destaca Casal. A idea xurdiu ao ver a necesidade dalgúns clientes que necesitaban este tipo de servicio e non o atopaban en ningunha parte. Por outra banda Niotek/Niosoft está en fase de lanzamento dunha iniciativa empresarial baixo a denominación comercial de eltpv.com, un proxecto innovador no mercado que consistirá no aluguer de hardware, software e mantemento para o sector da hostelería, e que ten como obxectivo a súa comercialización inicial no sur de Galicia e en Madrid, zonas onde a empresa ten presenza física. Os proxectos de Niotek teñen como factor diferenciador que “o cliente pode despreocuparse totalmente, pode alugar un equipo sen un investimento inicial, sin ningún tipo de permanencia e se o equipo, por calquera circunstancia, ten algunha avería conta cun equipo de substitución”, remata o responsable de Niotek/Niosoft.

Te puede interesar