La entrevista

Fidel Martínez: "O sector do transporte ten que unirse"

photo_camera Fidel Martínez.

Fidel Martínez preside o grupo Autos González, con intereses en Vigo e Ourense. É unha das empresas de referencia no sector e vive, como as outras, un momento certamente convulso. Logo da reordenación do transporte de viaxeiros por estrada as empresas teñen que adaptarse a unha nova realidade

Houbo momentos de tensión coa Xunta para negociar as novas condicións do transporte público, sobre todo compartir viaxeiros regulares e rapaces que van aos colexios. Superada esa fase, ¿está indo ben o servizo?  

Sí, está ben encarrilado e prácticamente non houbo tensión, o que pasa é que os transportistas pedíamoslle á Administración que nos deixase reestructurar as concesións porque non eran rendibles. Como a Xunta non admitiu esa reestructuración foi o motivo polo que renunciamos a elas baseándonos nunha sentenza que decía que os servizos regulares tiñan que saír todos a concurso. 

Pero agora parece que a conciliación de intereses é boa.  

De momento vai funcionando ben e os transportistas terán que poñerse dacordo e entenderse a través dunhas Unións Temporais de Empresas (UTEs) para poder concursar e optar a un servizo que permita seguir traballando cada un na zona onde lle toque. 

¿Que vai a pasar no 2020 cando rematen todas as concesións?  

Todo depende si che deixan as concesións para poder seguir traballando cada un na súa zona. Senón, si aquí veñen empresas de maior tamaño das que temos e nos quedaramos sin ruta, estaríamos condeados á desaparición. 

¿Tan grave é a situación? 

Si, e si nós non somos capaces de entendernos e concursar para manter a súa zona de traballo, poden vir outras empresas que se fagan cargo desas rutas. Si eso pasa, non queda outro remedio que claudicar. 

¿E pode ser factible esa unidade á que se refire?  

Debería ser factible, pero debería haber entendemento entre nós. De feito van a empezar a ter reunións porque teñen un ano por diante para chegar a acordos. Debemos entender que solo unidos podemos chegar a facer algo, senón aquí, si se sigue cada un por seu lado, non se chagará a nada.

Pero eso é un problema de mentalidade dos empresarios.  

Totalmente. Somos moi desconfiados. Iso é o triste da cuestión e de feito agora nestes últimos cambios houbo empresarios que quixeron quedarse fóra dos acordos e agora están arrepentidos. Houbo outros que pensaban que ás súas rutas ninguén lle ía tocar e acabaron sendo afectados como os demáis. Iso ten que rematar, ten que haber un entendemento e si non é así, pouco futuro nos queda. 

Pero non ten sentido manter servizos no rural igual que hai décacadas cando agora non queda xente nas aldeas.  

Iso é así, totalmente. Agora temos o reto do transporte escolar que deixa de ser un sevizo escolar para pasar a ser un servizo regular no que os nenos irán no autobús e pagarán un billete, aínda que llo aboe a Xunta. Os nenos serán uns viaxeiros máis. Nós agora temos que levar un acompañante no autobús que paga a Xunta e desta maneira nos novos concursos ese acompañante será pagado polos empresarios. 

Nese esceario tan complexo, ¿pon onde pasa o futuro do transporte de viaxeiros?  

A única saída é unha unión entre os empresarios non para facer grandes empresas senón para que haxa entendemento e se poida ir aos concursos das concesións. Despois, cando cada un teña a súa zona de actuación se poida aproveitar esa circunstancia para o transporte regular, o discrecional ou o escolar. 

¿Qué pasa coa concesión da cidade? O servizo que xestionan vostedes está en precario. ¿Qué valoración fan?  

O concurso está paralizado. Xa se decía que se iba a solucionar hai anos. É o momento no que o Concello, no 2020, que é cando se rematan as concesións, a empresa elexida colla tamén o transporte da cidade e os concellos limítrofes. Si antes non se fixo porque as concesións no permitían entrar na capital agora teñen a oportunidade de facer que os propios urbanos salgan aos concellos limítrofes a dar ese servizo. 

¿Tén a intención o seu grupo de concursar no transporte público da capital?  

Intención de concursar sí, outra cousa é conseguir o contrato. O noso grupo estuvo perdendo moitos cartos e agora si vai ó concurso e o gaña será para deixar de perder. Nós somos unha empresa de Ourense que quere facer as cousas o mellor posible. A cidade ten que ter un bo servizo e o Concello e a Xunta están no momento no que poda ter ese servizo que tanto tempo loitou por el.

¿Algún día será realidade a Mancomunidade de Transportes?  

Diso é do que estamos a falar. Si a Xunta se pon dacordo cos concellos poden poñer en marcha ese servizo agora que se acaban as concesións. No 2020 a Administración e os concellos poden poñer en marcha ese servizo si se pon como condición na adxudicación.

Falaba antes de unidad entre as empresas. ¿Nese sentido sería xenerosa Autos González?  

Por suposto que si. Temos que dar ese paso co resto do sector sempre e cando os demáis estén dacordo nesa unidade. 

¿Está Autos González por comprar empresas?  

Fusionarse sí. Comprar é máis difícil porque a pregunta é ¿qué compras? Agora xa non queda aquelo que os transportistas levaban como bandeira que era dicir que aquela ruta era del, esa línea fágoa eu. Iso dentro dun ano non serve. Haberá que partir de cero e empezar de novo. Outra cousa é entenderse e montar empresas pensando nesa nova realidade.

Te puede interesar