ENTREVISTA

El gerente de Stores Persan: "Estamos notando máis actividade"

20180321_101828_result
photo_camera Severino Santiago Lemos

Severino Santiago Lemos é o xerente e socio de Stores Persan, unha empresa que naceu en 1994 en Maceda

 

Severino Santiago Lemos é o xerente e socio de Stores Persan, unha empresa que naceu en 1994 en Maceda. A súa política de apostar pola calidade, ainque que haxa que pagar máis por un produto está dando resultados satisfactorios. Dende 2008 están nunha nave de San Cibrao das Viñas, que xa se lles está quedando pequena para desenvolver os plans futuros. Constantan unha recuperación importante en varias zonas de España, aínda que en Galicia "está plana"

Está a empresa tendo máis carga de pedidos, máis actividade neste ano?  

Estamos notando máis recuperación, sobre todo en certas zonas de España. Sobre todo zonas como Levante ou o mercado madrileño estanse movendo bastante e en xeral no noso sector estase vendo máis actividade e recuperación. 

Onde está o mercado obxectivo de Stores Persan?  

Nestos momentos, en toda España. Sobre todo pensando máis de Madrid hacia o sur e a zona de Levante, sitios onde pode haber máis sol e onde se necesitan solucións como as que nós aportamos. 

Pero a empresa ten tamén presencia exterior, sobre todo en Francia, ¿non?  

Sí, en Francia temos un freelance que nos cubre toda a zona e cada vez temos máis presencia nese país. En canto a si é difícil entrar noutro país, nós o que coñecemos é o mercado francés, que é moi difícil porque é un mercado moi protector. Protexe moito o producto francés e si non eres do seu país suelen mirarte por riba do hombro. Por iso costa un pouco máis gañar a súa confianza, hai que demostrar que somos verdadeiramente serios, que temos un bo producto, que aportamos valor e calidade. Cando che dan a oportunidade non podes fallar porque si fallas xa non tés unha segunda oportunidade. Unha vez que gañas a súa confianza é un mercado estable e cada vez compran máis produto.

O desenvolvemento internacional é un obxectivo para a empresa ou é unha esixencia? 

Todo o mercado que veña de fóra será positivo e será analizado con rigor pero somos un pouco conservadores e gústanos ter o máis cerca o posible o noso mercado para ter todo controlado. Temos posibilidades en Arxentina ou México cun produto determinado, que se pode estandarizar, que son as mosquiteras para portas, pero hai que encher un contenedor para que sexa rendible envialo para eses países e hai que atopar o cliente que esté disposto a pagar por un produto como ese. Actualmente en Arxentina hai clientes interesados pero aínda faltan moitos flecos para que a operación se poida facer. 

Cal é o producto estrela nestes momentos?  

O que máis vendemos é o store enrollable con tecidos técnicos para protección solar.  

Venda a particulares ou a empresas?  

O noso cliente non é o particular, é o profesional. Nós asesoramos aos nosos clientes en obras en supostos particulares pero sempre acompañados do noso distribuidor profesional porque non imos directamente ao cliente final. Non traballamos tampouco para grandes almacéns ou cadenas especializadas. Aquí en Ourense os nosos artigos poden estar en Cortinas Vizcaya, Toldos Ourense, Persianas Roma, Toldos Galicia, Más Ventana, etc. Son empresas que, elas sí, teñen trato directo co cliente final. 

A empresa fai unha aposta pola calidad, as veces a costa do prezo. ¿Segue a ser esa unha boa receita?  

Sí, porque por desgracia aparecen novos actores no mercado, moitas veces con políticas de prezos. Nós xa temos unha posición tomada e si non das un bo produto e un bo servizo tés problemas pero si tés un bo produto e apostas pola calidade difícilmente te van a desbancar. Entonces veñen cuns prezos baixos pero con baixa calidade, prezos que son de acoso e derribo. 

Esta empresa naceu en Maceda e pasou por sucesivas etapas de ampliación. ¿Hai novas perspectivas de ampliar estas instalacións?  

A nosa intención é mellorar o noso produto cada vez máis e ampliar a gama de artículos e sistemas para evitar depender doutras empresas ou colaboradores exteriores para gañar en servizo e en rapidez. Estamos pensando nalgún tipo de ampliación aquí no polígono pero aínda falta pechar a operación. 

E esta empresa que está no polígono está vendo que a actividade segue a medrar?  

Nós en Galicia e en Ourense en particular vemos que custa recuperarse. A nosa recuperación como empresa dase porque estamos en mercados onde esa recuperación é máis visible como Levante, Madrid ou Cataluña, aínda que o conflicto político creo que non lle está axudando moito. A situación galega véxoa bastante lineal. 

Ten esta empresa dificultades para atopar profesionais debidamente formados? 

Estou totalmente dacordo porque falta persoal cualificado. Nós facemos unha aposta porque non nos interesa coller persoal para que estea na empresa tres ou seis meses. Nós temos un proceso moi específico e temos un tempo de formación para os traballadores. Esa formación témola que facer nós.

Te puede interesar