ENTREVISTA

Servando Álvarez: "A Limia é a despensa da provincia"

20181015_173033_result
photo_camera Servando Álvarez.

Servando Álvarez é o director do Centro Agrogandeiro do Inorde, dependente da Deputación e ubicado en Xinzo de Limia.

Servando Álvarez é o director do Centro Agrogandeiro do Inorde, dependente da Deputación e ubicado en Xinzo de Limia. É un analista e observador privilexiado do sector primario nunca comarca que vive “de e pola agricultura”. Ao cultivo de pataca de calidade súmanse as produccións de cereal e, nos últimos tempos, os produtos de horta. Observa que, por fortuna, na Límia si que está chegando xente nova para adicarse á agricultura.

Falemos de economía do produto. Cos números da colleita actual, que lle vai quedar ao produtor?  

O mundo da pataca é moi variante a nivel de precios porque non ten unha Organización Común de Mercado (OCM) como outros productos e polo tanto os prezos varían moito. Este ano, sin ben os prezos non son para botar cohetes, si que para a pouca producción que hai son uns prezos decentes, que cubren o custe de producción e algo máis. Que pasará co mercado? Esta baixa de producción é tendencia tamén no resto do país co cal cabe esperar que estes prezos decentes cara final de ano para aqueles produtores que teñan infraestructuras para almacenaxe posiblemente experimenten unha subida. 

¿Polo tanto hai unha colleita rendible?  

Si e non. Hai dous anos foi unha colleita malísima, o ano pasado foi normalciño pero hai tres anos o prezo do kilo rondou os cinco céntimos. Para recuperarte dun ano deses necesitas catro ou cinco anos bos. Este ano sería moi bo si a producción acompañara a estes prezos decentes. Pero está claro que a producción baixou un trinta por cento e o prezo non subíu un trinta por cento. 

¿Hai unha aposta pola calidade na Limia?  

Pese á lenda negra que poida ter a pataca da Limia hai que dicir que é unha pataca boa a nivel organoléptico. O noventa por cento da pataca amparada polo selo Pataca de Galicia prodúcese na Limia e a que vai para a industria, para patacas fritas e derivados, a industria ten unha especial predilección por esta pataca. Si son capaces de pagar o incremento de custes que supón levar a pataca de aquí a Burgos, por exemplo, é porque é boa, porque senon non o farían. 

¿Cales son os competidores directos da Limia?  

Sobre todo as zonas onde están as fábricas de frito como poden ser Burgos ou Salamanca e en quilos puros e duros o Sur de España. Pero a nivel de calidade non hai competidores, sí a nivel de producción, non en calidade, insisto. 

¿Ten un mercado blindado?  

O que pasa é que a pataca non ten ese marchamo de calidade que poidan ter os viños onde podes gastar dez, quince ou vinte euros nunha botella un pouco superior a media. Iso non ocorre coa pataca e hoxe a xente compra máis por prezo que por calidade, lamentablemente. 

¿Está chegando xente nova a producir á comarca?  

Por dicilo dalgunha maneira, dentro do malo leva un camiño máis ou menos estable. É unha das poucas zonas da provincia onde se incorporan os xoves aos traballos agrícolas, onde millores plans hai de formación de profesionais. Facía falta máis xente nova pero si que se ven máis novos que noutras zonas non se ven. 

Sempre que se fala da pataca da Limia sempre se fala da carencia dunha industria de tranformación. É un problema de mentalidade, de investimento, de aposta empresarial…?  

É unha mistura do que acabas de dicir. É un problema de mentalidade dos produtores do sector primario que non dan o paso, pero tamén de investimentos ou de creencia de que o noso produto merece a pena. Vouche poñer un exemplo: en Xinzo nun ano medio prodúcense máis de cen millóns de quilos de patacas. Tu vas a un supermercado e ves nos liniales pataca de Xinzo, pero tamén de Israel ou de Marrocos e si a teñen é porque a compran. Cómo pode ser que habendo aquí tantos quilos de patacas haxa xente da zona que a compre doutros países. 

¿Pero o consumidor paga máis por ter máis calidade?  

O consumidor que compra pataca de calidade amparada polo selo de calidade pataca de Galicia paga un prezo maior pero as outras patacas que non teñen o selo están ao mesmo prezo que as de afora e o que non se entende é que o consumidor compra doutras zonas e non desta. 

¿Esta é a despensa da provincia de Ourense?  

A nivel de pataca, por suposto e a nivel de cereal xa non solo da Limia senón de Galicia porque a comarca está considerada como graneiro de Galcia. É onde máis centeo se produce, cun 80%, o 60% do trigo, etc. Sobre todo trigos autóctonos, de calidade para elaboración de productos diferenciados de calidade como o pan de Cea. Tamén hai que mencionar outro produto que está en auxe, que está dando pasos e rompendo esta separación entre pataca e cereal, que é a horta. Cada vez hai máis cultivos de cebola, de repolo, leituga e outros, que tamén poden axudar un pouco a romper ese tópico da comarca. 

Pero tampouco é un bo ano para o cereal.  

Levamos uns anos malos. O cereal de inverno case se perdeu todo polas precipitacións que tiveron á Limia inundada e despois o de primavera non foi capaz de cubrir ese hoco. Estamos vendo que nestes últimos anos o cereal que máis produce é o de inverno, con máis de catro mil quilos por hectárea, pero está costando moito sacalo adiante pola situación meteorolóxica. 

¿Hai retorno de actividade e riqueza na comarca por estas actividades?  

A comarca da Limia vive de e pola agricultura pero levamos uns anos co motor a medio gas. Ás veces os técnicos tendemos a botarlle a culpa ao cambio climático e non sei se iso é certo pero levamos uns anos que o tempo nos está poñendo un pouco tolos. Faría falla para reforzar o papel que ten na economía que viñeran un par de anos bos para fixar aínda máis a esta xente nova que se está incorporando pouquiño a pouquiño.

Te puede interesar