EURO

Virxilio Rodríguez: "Hai que afondar nas relacións coas empresas da nosa provincia"

14.01.15.OURENSE.CAMPUS.EDIFICIO.DE.FERRO.ENTREVISTA.VIRXILIO.RODRIGUEZ.VICERREITOR.
photo_camera Virxilio Rodríguez.

Virxilio Rodríguez é vicerrector do campus de Ourense, responsabilidade que asumíu despois de ser vicedecano da Facultade de Dereito.

¿É vostede vicerrector dun campus que pode ser considerado un centro de talento?

Esa é a pretensión da Universidade, crear xente formada a alto nivel. A nosa finalidade é crear titulados altamente formados pero ademáis abrir as portas para que haxa investigadores de alto nivel e formación. Este é, sin dúbida, un nido de formación e de creación de talento.

¿O campus de Ourense está acomplexado dentro da Universidade de Vigo?

Eu desexo e espero que non. Formamos parte con outros dous campus dunha institución como é a Universidade de Vigo, que é potente. Somos tres campus en tres ciudades poboadas cada unha delas por riba dos 100.000 habitantes e iso é unha circunstancia única en Galicia e prácticamente en todo o Estado español. Ese feito danos a todos un potencial e unha forza enorme. Este campus, despois do de Vigo, Santiago e Coruña, é o que ten maior número de alumnos, os que ofertamos máis títulos, os que iniciamos un proceso de especialización por diante de calquera outro. Polo tanto non nos debemos sentir acomplexados. Eu dende logo non me sinto así, en absoluto.

¿Qué responsablidade ten ou debería ter a Universidade no tecido socioeconómico da provincia?

A responsabilidade é a de formar, educar e presentar á sociedade a titulados que teñan unha formación que responda ao que se pide e tamén desenvolver investigación que responda ás necesidades da sociedade, en primeiro lugar ás necesidades da sociedade do territorio máis próximo. Esta universidade investiga en proxectos que tratan de responder a múltiples necesidades, pero en primeiro lugar á sociedade máis próxima. Desde ese punto de vista nós temos unha responsabilidade social para cos cidadáns da provincia e temos que ser un motor de transformación a través de formación e da investigación.

¿Cómo definiría a relación da Universidade coas empresas da provincia? ¿Están os engranaxes ben engrasados ou necesitarían mellorar?

Necesitan mellorar e nós estamos para aportar instrumentos para mellorala, o que non quere dicir que sexa mala, de feito a relación coa CEO, coa Cámara ou coa Tecnópole é moi positiva. Pero hai que afondar esa relación e para eso estamos buscando esa mellora. Por exemplo, o programa de incubadora de proxectos empresariais da Universidade é un programa que se lanzou para os tres campus e conta en Ourense con socios estratéxicos como a Tecnópole, a CEO, a Cámara ou Expourense. Todos eles aportan as súas habilidades e experiencia a aqueles alumnos que presenten un proxecto emprendedor. Ese é un instrumento para afondar na colaboración entre empresa e Universidade. Estamos en conversas coa CEO para crear unha unidade mixta entre Universidade e empresa para que o mundo empresarial identifique necesidades para mellorar a súa productividade ou eficiencia na súa producción. Unha vez identificadas esas necesidades os nosos grupos de investigación poderán desenvolver proxectos que respondan a esas necesidades.

Pero, ¿hai empresas que acuden directamente á Universidade?

Nós estamos abertos a que o mundo empresarial se dirixa a nós para que nos faga propostas ou nos plantexe necesidades de colaboración. Xa se está facendo e de feito hai empresas que se teñen dirixido a nós para plantexarnos proxectos de colaboración que se plasman tamén a través de cátedras. É posible que en breve haxa novas cátedras cunha empresa ourensana.

Volvendo ao capital humano. ¿Debemos acostumbrarnos a formar persoas para o mundo? ¿Qué capacidade hai para absorber aos titulados para que exerzan no lugar no que se formaron?

Unha forma de tratar de que eses titulados permanezan no territorio pasa por darlle saídas profesionais e eso pasa por permitir que tomen iniciativas emprendedoras e que creen empresas. A Universidade pode ser unha canle que abra as primeiras portas pero o que non se lle pode esixir á Universidade é que solucione ese problema. A pesar diso, a Universidade crea empresas e algunha hai en Ourense de base tecnolóxica, pero sería un erro facer recaer nas costas da Universidade a solución de toda a cadea, aínda que o intentemos. Temos que poñer a disposición da sociedade grandes titulados e xerar investigación. Tamén a través da investigación poden quedar aquí investigadores e profesionais. Creo que a resposta ten que vir pola sociedade civil e polo mundo empresarial e as administracións públicas teñen que crear o entorno axeitado para que esas iniciativas poidan cristalizar.

¿Percibe que hai nos novos titulados esa capacidade para emprender riscos, para apostar polo seu futuro. ¿Hai masa crítica?

Sin dúbida hai masa crítica. Neste campus hai titulacións ideais para levar a cabo inicativas empresariais e para responder ao reto do emprendemento. O grao de Enxeñería Informática, o de Dereito, o de Administración e Dirección de Empresas ou Turismo son titulaciós que polo seu contido permiten sacar á rúa persoas preparadas para asumir iniciativas empresariais. Este campus aposta por eso porque somos un campus no que están presentes dúas simultaneidades que tratan de formar a emprendedores como ADE e Enxeñería Informática ou a simultaneidade entre ADE e Dereito. Esto é un exemplo de que as persoas que van a saír de aquí nos próximos cursos van a saír formadas para asumir eses retos.

Si houbese que empezar de cero, o mapa de titulacións que ten vostede na cabeza ¿sería este ou sería outro totalmente distinto?

Hai que matizar unha cuestión. É certo que as titulacións que se ofertan veñen marcadas por criterios obxectivos e moi positivos e está ben que sexa así. Nós imos responder a eso e asumimos esa competencia con outras universidades pero si me preguntas por un desexo, eu creo que hai que ser pragmáticos pero hasta certo punto. Ás veces unha titulación pode ter sentido en si mesma aínda que non haxa unha demanda laboral inmediata. Creo que hai estudos e necesidades de investigación que se xustifican por si mesmas e que ao mellor non teñen unha resposta no mercado inmediata, pero si teñen un valor para construir unha sociedade máis xusta, igualitaria ou porque ten valor porque alguén nos legue un coñecemento sobre aspectos dunha lingoa ou da nosa historia, aínda que non teñan traducións moi visibles no mercado. Desde ese punto de vista o meu mapa de titulacións mantería un equilibrio entre as necesidades laborales e a investigación.

Mañán ven a ministra de Fomento, Ana Pastor, ao foro de La Región para falar do AVE. Dende a Universidade, ¿cómo se avalía esta infraestructura?

O AVE vémolo positivamente como oportunidade para seguir medrando. Vainos permitir conectar con Madrid xa este ano en catro horas pero cando a conexión quede finalizada reducirase o tempo enormemente. Eso supón que estemos máis cerca do resto do Estado e de Europa. En clave galega, o AVE mellorará a articulación entre os nosos campus porque estaríamos mellor conectados. Iso para nós é positivo. Ahora ben, hai que completar as accións porque o AVE por si mesmo no é suficiente para articular todo o territorio e debe vir acompañado de mellora nas infraestructuras de cercanías na nosa provincia, cousa que axudaría ao noso campus. O tren de alta velocidade é unha condición necesaria, pero non suficiente, e sería moi importante que esa conexión se completase co norte de Portugal.

Te puede interesar