FORO LA REGIÓN

Baltar, sobre Santalices: "Sabe sempre a verba exacta para chegar a todos"

Manuel Baltar, durante a presentación de Santalices.
photo_camera Manuel Baltar, durante a presentación de Santalices. (MARTIÑO PINAL)

O presidente da Deputación destaca o talante de Santalices: "Desde que el está, a institución deu un paso, evanxeliza o país"

A presentación de Miguel Santalices correu a cargo do presidente da Deputación, Manuel Baltar, que ensalzou a figura do protagonista do Foro La Región, arropado por compañeiros da institución, do Partido Popular ou da sociedade civil ourensá.

"Non se me ocorre a persoa que coñeza mellor o Parlamento, con esa facilidade para establecer vencellos e cun empeño de que galegos coñezan o Parlamento", indicou Baltar, que recordou a traxectoria de Santalices, "unha persoa que nunca olvida os seus orixes e que sempre presume de ourensán".

O presidente provincial compartiu moitos anos na bancada do Pazo do Hórreo con Santalices, "cuxa vida está marcada polo amor a esa institución, pero que antes da política quixo ter rede, ter profesión, estar preparado", aludindo á súa formación como médico e ós diferentes cargos que ostentou no ámbito da xestión sanitaria.

Xa falando do seu papel como presidente da Cámara galega, Baltar indicou que Santalices "é o parlamentario por excelencia en materia sanitaria, un parlamentario brillante que sabe a verba exacta e chega directamente a todos. representando dignamente á institución", invitando a todos a tomar nota do que fai no seu cargo.

"Ninguén dubida do seu carácter institucional, dunha acreditada e probada dignidade. Cando fala, hai que estar atentos, non podemos perder nin unha palabra, é un gran interlocutor que escoita e despois actúa, un defensor do noso", engadiu o presidente da Deputación, que puxo en valor actos de divulgación do Parlamento: "Desde que el está, a institución deu un paso que se visualiza en actos como este, está evanxelizando o país, saíndo dos muros para que xente sinta o Parlamento máis propio, esa vocación fala moi ben del".

Se algo quixo destacar Baltar de Santalices foi "a súa calidade humana, a dunha persoa que é fiel e leal ás persoas desde unha posición centrista, alonxado do radicalismo, aínda que se en algo é radical é na defensa de Galicia, sabéndose adaptar ós cambios e plantexalos".

Asimesmo, o líder provincial subliñou "dúas palabras" que na súa opinión resumen moi ben a Miguel Santalices. "Hai que falar da emigración, xa que sempre estivo moi identificado coa xente que se foi, pero sobre todo ser humilde, xa que mentres é capaz de xantar na mesa co rei, tamén na mesa máis humilde, co mesmo carácter e bonhomía".

Por último, Manuel Baltar referiuse ó compromiso do presidente do Cámara galega, "alguén que non deixa quedar mal á familia, ó Parlamento, ó seu partido, e sobre todo a Ourense e Galicia". 

Te puede interesar